RECANTO DA ARTE
DELIA RODRÍGUEZ VILAVEDRA
"BINOMIO E PERCORRIDO"
Exposición de Artes Plásticas
Do 11 o 27 de xullo de 2014, no Centro Cultural e Social de A Guarda
Delia Rodríguez Vilavedra
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Chámase Delia Rodríguez Vilavedra, aínda que como nome artístico acostuma asinar súas obras como Delia R.Vilavedra. É natural de A Guarda.
Está licenciada en Belas Artes pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, ainda que leva formándose en arte dende ben pequena, xa que súa procura dun camiño profisional nas artes plásticas é unha cuestión vocacional dende súa nenez.
As disciplinas artísticas nas que máis traballa son pintura e debuxo / ilustración, aínda que non se pón barreiras á hora de crear e, por iso, considérase unha artista multidisclipinar.
Estilísticamente define súa obra como “expresionismo surrealista que oscila entre a figuración e a abstracción”. En moitas das súas pezas incorpora materiais á superficie pictórica como tecidos, arames, redes,...
Non se pecha a novos estilos e formas de expresión, porque está en constante mudanza e evolución.
Súa obra – segundo ela mesma dí – “reflicte unha acumulación de sensacións, emocións e experiencias do mundo que me rodea e transfórmame de xeito constante. Introdúcese na parte máis profunda da miña psique e volta saír ao exterior transformado en cor, forma e materia.
No tocante ao seu significado, gústame que sexa parte da interacción co público o que lle outorgue un significado pleno e persoal. Para mín cada unha delas é un pedaciño do meu interior, dos meus sentimentos e experiencias, e complétanse cando transmiten diferentes emocións ao espectador ou espectadora”.
Ten realizado numerosas exposicións, tanto individuais como colectivas, por Galicia especialmente, mais tamén por outros lugares do territorio español.
Desde o día 11 ao 27 de xullo, expón no Centro Cultural de A Guarda. A mostra que Delia R. Vilavedra presenta no Centro Cultural de A Guarda, pode visitarse nos seguintes horarios:
De luns á venres: de 09:00 á 14:00 h. e de 19:00 á 21:00 h.
Con Delia R. Vilavedra, vimos de manter á seguinte entrevista:
Que
supón para Delia R.Vilavedra voltar á expór na súa vila natal?
- Resulta interesante, e como
un “voltar a casa”. Ademais é a primeira vez que teño a oportunidade de
realizar unha mostra individual nunha sala de exposicións como tal, aquí, na
Guarda. E teño a sorte de contar con un espazo que me permite amosar un grande
número de obras, algo que non adoita ser habitual polos formatos que traballo,
e así poder facer unha revisión dos últimos anos, do traballo realizado e do
camiño percorrido.
Cómo
definiría á obra que presenta estes días na exposición “Binomio e Percorrido”?
- A palabra máis axeitada
sería heteroxénea, pois e unha selección de obras realizadas dende o 2009 ata a
actualidade.
Percorridos a través de
paisaxes, corpo e identidade e a través tamén dos anos.
Percorridos por obras nas
que domina o binomio, a dicotomía: entre o real e o onírico, entre o espazo
surreal-poético-superficie e o marco real que oprime, racha e fura con obxectos
que se enxertan no soño, dentro e fóra.
Delia R. Vilavedra traballando ao aire libre
Cal é á
reflexión global da súa serie “Non hai
mal que por ben non veña” e a quen vai dirixida súa mensaxe?
- Como adoita acontecer coa
maioría das obras que realizo, son pezas moi persoais, feitas de xeito moi
instintivo, “coas tripas máis que coa cabeza”, como adoita dicirse. Esta e unha
serie de fai xa sete anos, que non está incluida na exposición, máis xunto coa
serie “Mundos após da névoa” que sí está presente, creo que son, ata o día de
hoxe as realizadas máis a “corazón
aberto”. Non van dirixidas a nadie en concreto porque son unha expresión moi íntima, non pretendo con elas tratar de enviar unha mensaxe, non foron creadas
con ese fin, son pequenas partes de mín que se amosan ao exterior como una disección
do que acontece pola miña cabeza e polo meu sentir.
Ata que
punto inflúe na súa obra o día a día persoal?
- O inflúe todo. Cando
traballo expulso todas as vivencias, todos os sentimentos convertidos en cores
e formas. Son incapaz de conterme ainda que queira facelo, porque se convirte
nunha necesidade.
Vista parcial da exposición "Binomio e Percorrido"
Hai
algúns motivos – longas cabeleiras que semellan apreixar anatomías e ollos doentes - que aparecen de xeito recurrente en
varias obras súas. Que desexa á autora transmitirlle o espectador?
- Gosto muito de traballar
con elementos do corpo como significantes da identidade.
No caso do cabelo, gustame
muito a súa textura e plasticidade como elemento anatómico do debuxo. Igual que
nas pinturas emprego fios e lás e ambos son na maioría dos casos,
representativos de, entre outras cousas, a dicotomía do propio e o alleo, entre
o real e o surreal, xa que e unha parte do corpo que, aínda pertencéndonos, non
somos quen de controlar, como ben podemos facer con músculos ou articulacións, e
cando o corpo é apreixado polos cabelos evoca ata que punto podemos apreixarnos
por nos mesmas.
En canto aos ollos, esa é
unha cuestión de experiencias e vivencias persoais que saen reflectidas, as
veces de xeito inconsciente, nas miñas obras, igual que Frida Khalo amosaba a
súa columna vertebral, eu amoso esta
parte tan importante para min.
A exposición "Binomio e Percorrido" desde outro ángulo
Falando
de anatomías, observamos que na obra de Delia R.Vilavedra, á figura feminina
está moi presente, máis en todo caso, exenta de calquer connotación sexista.
Trátase de un posicionamento persoal?
- Si, é un posicionamente
persoal e consciente. Traballo con anatomías femeninas dende unha perspectiva
persoal de muller creadora, co corpo como suxeito representado e representante
de formas, ideas e psiques, non coma un obxecto de contemplación, sexualizado
nun ente “desexable” como tan a miúdo acostumamos a observar ao longo da
historia da arte, dende unha perspectiva de home creador - observador
deleitado.
En qué
proxectos creativos está inmersa Delia R.Vilavedra hoxendía?
- Ademais das exposicións
individuais e colectivas que teño realizado ao longo deste ano e algunhas que
ainda están por chegar no que queda do mesmo, formo parte grupo Somosarte,
colectivo de artistas do Baixo Miño.
Máis nos últimos meses paso
todo o tempo que podo no taller, pois estou comezando con novas series de traballos, das que amoso
nesta exposición algunhas das pezas que
comezan a darlles forma.
Engadiría algo máis?
- Creo que o dito ata o
momento pode dar un bo resumo dalgunhas das ideas, conceptos e outras cuestións
acerca de quen son e que fago. Poderíamos falar de moitísimas cousas, pero eso
daría para outras entrevistas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario