12 de xuño de 2014

PONTEVEDRA

A deputada Ana Isabel Vázquez participou esta tarde na clausura do curso, no que se presentaron os resultados do proxecto

245 ALUMNOS DE PRIMARIA E EDUCACIÓN ESPECIAL FAMILIARIZÁRONSE NESTE CURSO CO EMPRENDEMENTO, A TRAVÉS DO PROXECTO EMPRENDER NA MIÑA ESCOLA
·   En total, constituíronse 12 cooperativas nos 10 centros escolares participantes no programa
  245 alumnos e alumnas de primaria e educación especial de 10 centros escolares da provincia de Pontevedra familiarizáronse durante o curso 2013-2014 co emprendemento empresarial no marco do programa Eme Cooperanova-Emprender na miña escola que impulsa a Deputación de Pontevedra.
  A deputada Ana Isabel Vázquez participou esta tarde -xunto co xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, César Pérez Ares; o xerente de Príncipe Felipe, José Manuel Fernández Rodríguez; os técnicos do proxecto Miguel Panette e Carmelo Galiñanes, así como 25 docentes dos 10 colexios participantes na iniciativa- na clausura do curso, que tivo lugar no Centro de Formación do Profesorado de A Xunqueira e onde se fixo balance do traballo feito nestes 9 meses tanto polos alumnos como polos mestres e titores.
  Balance positivo
  Deste balance dedúcese que se cumpriron os obxectivos marcados polo programa, que pasaban tanto por familiarizar aos alumnos co emprendemento -por medio da constitución e xestión dunha cooperativa escolar, cumprindo con todos os pasos que se esixen - como pola formación do alumnado nas competencias básicas.
  Así, no que respecta ao emprendemento, os 245 integrantes das doce cooperativas cumpriron con éxito todas as fases: Constitución dunha cooperativa escolar (idea de negocio, capital inicial, nome, equipo directivo, documentos…), imaxe corporativa (páxina web, logotipo, posters, etiquetas, envases…); fabricación dos produtos (estudo de mercado, aprovisionamento, fabricación, prezos, calidade…); e venta dos produtos nun mercado local, pechando todo o procedemento coa disolución da cooperativa, recuperando o investimento inicial e entregando unha porcentaxe dos beneficios a unha labor social.
  Este traballo en equipo permitiulle, á súa vez, desenvolver o espírito emprendedor e habilidades para a vida, adquirindo hábitos e condutas de forma autónoma a través do desenvolvemento das capacidades emprendedoras, como a iniciativa, a capacidade de planificación e de resolución de problemas, a comunicación ou a creatividade.
  De xeito transversal, o proxecto facilitou a adquisición de competencias en comunicación lingüística, matemáticas, coñecemento e a interacción co mundo físico, tratamento da información e competencia dixital, competencia social e cidadá e autonomía e iniciativa persoal, entre outras.
RELACIÓN DE CENTROS E COOPERATIVAS QUE PARTICIPARON NO PROXECTO  “EMPRENDER EN MI ESCUELA – EME COOPERANOVA”  (2013 -2014)
COMARCA
CONCELLO
CENTRO EDUCATIVO
Nº ALUMNADO PARTICIPANTE
NOME DA COOPERATIVA
O BAIXO MIÑO
TUI
CEIP Plurilingüe Nº 1
26 (6º primaria)
MISTER SHOP
A GUARDA
CEIP A SANGRIÑA
22 (5º primaria)
COOPERATIVA DIVERSIA
VIGO
VIGO
CEIP Plurilingüe Igrexa ValadaresParaixal
17 (5º primaria)
MERCALANDIA
16 (5º primaria)
MERCAVALADARES
O SALNÉS
SANXENXO
CEIP Plurilingüe Nantes
17 (5º e 6º primaria)
HAPPY SHOP
MEAÑO
CEIP de Meaño  -As Covas
27 (5º e 6ª curso)
SALNES SHOP
TABEIROS TERRA DE MONTES
A ESTRADA
CEIP do Foxo
25 (5º e 6º curso)
COOPERAFOXO
FORCAREI (SOUTELO DE MONTES)
CEIP de Soutelo de Montes
13 (6º curso)
SOUTONEVADO
O MORRAZO
MARÍN
CEIP do Carballal
50 (6º curso 2 coop)
COOPERATAMBO
CARBALLAL TIENDA COMERCIAL
PONTEVEDRA
PONTEVEDRA
CEE Príncipe Felipe
12 (Educación Especial)
PONQUINCALLA
CEIP Principe Felipe
15 (4º primaria)
GALOTENDIÑA


Ningún comentario:

Publicar un comentario