AS REFERENCIAS AUTONÓMICAS DA ALAMEDA COMO O CONCELLO… ¡¡¡DE CABEZA!!!
Foto: Grupo Municipal Converxencia Galega
Dende fai uns días, conocidos e amigos, na maioría dos casos con residencia na capital do reino, aproveitando festivos e puentes, fan escapadas o terruño e nalgún momento, pasean pola Alameda do século XXI, recordando outras épocas e outro diseño da mesma, diante da exhibición de bandeiras instalada dende o século pasado, nos teñen chamado para facernos diversos comentarios, especialmente o agravio ca enseña da Comunidade de Madrid, donde quen deu o orden de izalas, non sabe cal é a súa posición.
Dende Converxencia Galega, queremos deixar claro que non temos nada contra o empregado que levou a cabo a instalación das bandeiras, pero sí contra quen ten a responsabilidade política –e cobra por elo- de supervisar que as cousas se fagan ben.
Noutra época estaríamos escoitando os “chistes ácidos” dos nosos rexidores –igoal teñen gracia ainda que ninguén a encontre- pero diso é do que hoxe en día do que máis alardean.
Despois de trasladarse a cantidade de lugares da nosa xeografía e do estranxeiro, a nosa Concelleira de Turismo y otras yerbas, ainda non aprendeu como é a bandeira de Madrid.
Namellor o sabe, pero como as cousas no noso concello se miran o revés, por iso sería que a puxeron mal e así temos que escoitar comentarios de todo tipo.
De tódolos xeitos, para que non digan que é unha invención nosa, e mantendo o refrán de que unha imaxe vale máis que mil palabras, aportamos unha testemuña da realidade que fomos a verificar na Alameda do século XXI.
A Guarda, a 10 de xuño do 2014
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario