13 de xuño de 2014

OIA

A I MOSTRA OIA EXISTE AMOSARÁ O POTENCIAL CULTURAL E TURÍSTICO OIENSE

O evento será inagurado o sábado ás 11:00 h., e desenvolverase o longo da fin de semana



Xabi Garrido / Oia

  Este venres día 13 de xuño a Asociación Cultural Folclórica Tra-lo Mosteiro Oia organiza o seu II Serán. O evento comezará a partir das 22:00 h. para traer o noso pobo a música tradicional galega i entre todos, pasalo ben.

  O sábado día 14,  A Jalleira Afea organiza un roteiro guiado polas Sobreiras do Faro, xoia da Serra da Groba, (unha pequena mostra do patrimonio natural de Oia).


  No eirado do mosteiro terá lugar a I Mostra Oia Existe, onde empresas, artesáns, e colectivos relacionados con Oia, amosarán os seus servizos e productos.


Cartaz do Concerto do I Sons do Mosteiro



  Con motivo da celebración do 83 aniversario da declaración do Mosteiro de Oia como BIC (Ben de Interese Cultural), a asociación cultural Acamo Oia, organiza ese día, visitas guiadas o mosteiro, e un concerto na igrexa.




  Santa María Surf Club, organiza un bautismo de Padel Surf, de balde.

  Ciclismo Oiense, organiza unha Marcha Ciclista Popular.

  As 17:00 h. a Federación Galega de Motonáutica, organiza un slalom.


  Si o vento (falado con Eolo está) o permite, parapentistas surcarán os ceos de Oia, como o fan habitualmente.


 Ademais de todo isto. Na 1ª Mostra Oia Existe, que se inaugurará o sábado as 11:00 h. teremos stands con: Polbo, rosquillas caseiras, licores, mel, empanadas, chourizos, pementos, froita, percebes, conservas, café, cestería tradicional, camisetas, orfebrería, pedra, pintura,... 
  Os establecementos hosteleiros (campings, hoteis, casas de turismo rural, discoteca), amosarán os seus servizos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario