OS CADETES DO CLUB BALONCESTO TUI DISPUTARÁN A FINAL DA FASE DE ASCENSO A 1ª DIVISIÓN GALEGA CADETE
Sábado 31 de maio, ás 6 da tarde no pavillon municipal vello de Tui
Club Baloncesto Tui
Este próximo sábado 31 de maio, ás 6 da tarde, o equipo cadete do Club Baloncesto Tui xogará no pavillón municipal vello de Tui a final da fase de ascenso a 1ª división galega cadete, partido trascendental para os cadetes tudenses xa que o equipo gañador deste partido ascenderá a división de honra galega.
C.B. TUI CONSTRUCCIONES CAL vs C.B. MARÍN PEIXEGALEGO
Dada a importancia deste encontro facemos un chamamento especial a tódolos afeccionados do C.B. Tui para que se acheguen o pavillón e así, entre todos, "axudar" ós cadetes tudenses a lograr o soñado ascenso.
Dende o Club Baloncesto Tui agradecemos o apoio a este evento deportivo que tanta ilusión está provocando na canteira do Club.

Ningún comentario:
Publicar un comentario