10 de maio de 2014

TOMIÑO

O AGDR MAIV-BAIXO MIÑO ORGANIZA UN SEMINARIO EN TOMIÑO SOBRE NOVAS ALTERNATIVAS PARA O AGRO

A actividade será o xoves 15 de maio na Casa da Cultura


Tras o éxito da xornada sobre os froitos do bosque celebrada no mes de marzo en O Rosal, o Grupo de Desenvolvemento Rural da Área de Vigo-Baixo Miño, organiza o próximo xoves 15 de maio na casa da Cultura de Tomiño, durante todo o día, unha xornada sobre “Novas Alternativas para o Agro: produción, transformación, comercialización”. Entre outros produtos, falarase da camelia, o lúpulo, as castañas, o mel, o aceite, os mirabéis, a mazá e os aguacates. 

 No acto, no que colaboran Deputación de Pontevedra e Concello de Tomiño, participarán a Estación Fitopatolóxica de Areeiro, a IXP Castaña de Galicia, Hijos de Rivera (propietarios de Estrella Galicia), Lutega, a SAT Abella Lupa, Eurobanan, Cervezas Menduíña, Aceiroga, Afrugal, Fungocerga e Froitas do Rosal.  

A asistencia á  xornada será gratuita, aínda que é preciso enviar un correo electrónico a info@agdr18.org, ou chamar ao número de teléfono 986-44 30 30, indicando nome, DNI e teléfono de contacto. As prazas son limitadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario