"Para normalizar o galego hai que ter ilusión por facelo e a Xunta non a ten"
Benito Montero, ao ser nomeado fillo adoptivo do Concello de Poio
© IXG
A Irmandade Xurídica Galega celebra o vindeiro 24 de maio en Ourense a súa sétima asemblea. Constituída o 21 de xuño 2008 logo dun acto en Celanova, aglutina xuristas (entre maxistrados, xuíces, fiscais e avogados) e funcionarios xudiciais. Unhas 150 persoas na actualidade, todas elas partidarios e defensores do uso da lingua galega na súa actividade profesional e continuadores dunha tradición que comezaran Sebastián Martínez Risco, Roberto González Pastoriza, Ramón Carballal Pernas, Valentín Paz Andrade, Lois Peña Novo ou Arturo Noguerol.

Ningún comentario:
Publicar un comentario