Navantia inicia o flotel a tres días das eleccións e 20 meses despois do anuncio da Xunta
Corte de chapa do flotel de Pemex en Navantia © Navantia
"Os que incomprensiblemente brindaban porque non acadariamos traballo para os estaleiros galegos, que garden as botellas para a botadura dos floteis". Este era o contido doúltimo chío publicado pola conta aberta na rede social Twitter por Núñez Feijóo para a campaña electoral. É do 29 de setembro de 2012. Hai case un ano e oito meses. A botadura, agora semella que si, está máis preto. O corte de chapa do flotel de Pemex en Ferrol iniciouse, por fin, na mañá deste xoves.

Ningún comentario:
Publicar un comentario