25 de maio de 2014

A GUARDA

O MONTE SANTA TREGA REQUIRE URXENTES ACTUACIONS CONCRETAS

Dous anos despois da súa presentación, á labor do Plano Director do Monte Santa Trega non se visualiza

                  Vista parcial do megapoboado galaico-romano do Monte Santa Trega
                                         Foto: Santiago Baz Lomba


Infogauda / A Guarda


A Guarda e coñecida no ámeto turístico por moitas razóns, nomeadamente pola labor de espallamento que oportunamente, ainda que con medios limitados, desenvolveu a benemérita Sociedade Pro-Monte Santa Trega. 

A día de hoxe, e dende fai décadas, o Monte Santa Trega é todo un referente arqueolóxico, paisaxístico e turístico. Debémosllo á devandita entidade, e ás persoas que formaron parte dela. Ese feito, incuestionable, ten como contrapunto unha boa dose - demasiada - de descoido, perfectamente constatable, se temos ollos críticos para elo, e se de verdade queremos correxir todo aquilo, que de xeito concreto, afea o conxunto do Monte Santa Trega.

En tempos ben recentes moito se falou do Plano Director do Monte Santa Trega, promovido pola Consellería de Cultura e Turismo, da Xunta de Galicia. A pretensión e que ese amplo "(...) documento técnico serva de base para á ordenación e posta en valor do conxunto decrarado Ben de Interse Cultural. Está estructurado en tres ámetos: o coñecemento en profundidade dos seus diversos valores e recursos, con unha visión multidisciplinar; a diagnose do seu estado actual das suas diversas partes, elementos patrimoniais e condicionantes socioeconómicos; e a proposta de actuacions e intervencions, que permitan súa recuperación e activación (...)".

Segundo o equipo redactor do Plano Director do Monte Santa Trega "(...) este Plan, representa unha oportunidade para aplicar os novos conceptos de paisaxe cultural, e un reto no que o patrimonio nos seus diversos formatos, asume un novo papel como instrumento de desenvolvemento sostíbel".

 “Este é un plan para un monte, non só para un castro”, sinalou Mario Crecente, responsable da redacción do plano director do Monte Santa Trega, un dos monumentos naturais e históricos máis visitados de Galicia. 

  Foron dous anos para redactar un documento que permitise unificar os criterios de actuación sobre a península do monte Santa Trega e frear a redución do número de visitantes, pero que tamén procura ampliar a visión sobre o gran complexo arqueolóxico que aínda agocha este emblemático monte "(..)".

  Dous anos despois da súa presentación mediática, o Plano Director do Monte Santa Trega non se visualiza na práctica. As carencias continúan a ser ás mesmas que cando se presentou ese amplo documento técnico, os impactos aumentaron, e ás actuacions "por libre" continúan a darse sen que ninguén poña orde.

 O monte de Santa Tegra alberga unha chea de monumentos arqueolóxicos do máximo interese. Desde máis de vinte petróglifos, unha fortificación “posiblemente altomedieval”, restos de granxas medievais ata o elemento máis icónico do complexo: un castro que, en estimación do equipo de arqueólogos do Plan Director, pode abranguer 20 hectáreas de superficie. “Nestes momentos só está visible aproximadamente un 5%”, sinalou Luis Chantada, da empresa Terra Arqueos. Esas 20 hectáreas converten a citania de Santa Trega no castro máis grande de Galicia, unha auténtica cidade que se estende pola aba do monte ata chegar a Camposancos. E outro castro aos pés do monte. E a ermida, os edificios erguidos ao longo da historia do século XX,…

 “O resumo do noso diagnóstico”, destaca Crecente, é que “saltamos do concepto de monumento aillado ao de paisaxe cultural”. Na práctica, o Plan Director contempla accións no monte por seis anos, desde cuestións básicas de saneamento ata a retirada das antenas do cumio ou intervencións para recanalizar o tráfico de visitantes, como a eliminación gradual do acceso en coche ao monte.  O plan contempla usos diferenciados a diferentes alturas do monte. Na zona superior, planéase readaptar o vello proxecto de Palacios, o Restaurante Panorámico Jurado, como centro de exposicións e interpretación da paisaxe do Esteiro do Miño. A casa forestal ubicada a media altura, pola contra, converteríase hoxe no centro de interpretación do castro, xa que desde ela pódese observar a práctica totalidade do sitio arqueolóxico. Noutra área intermedia preténdese completar o espazo con equipamentos para o disfrute do monte.   

A citania  

 Santa Trega conserva un importante castro que é un dos elementos máis recoñecibles da Península do Monte. Para Luis Chantada, “(...) o xacemento ten unha extensión excavada moi ampla desde principios do século pasado, o que quere dicir que require dun investimento económico importante”. Mentres que unha pequena parte é visible para o público ao carón da estrada de subida, toda a área do sector norte está hoxendía baixo un bosque de acacias que afecta considerablemente á preservación do monumento. Para Chantada, “trátase de ir pechando episodios” en Santa Trega, integrando elementos coma os petróglifos ou de valor etnográfico dentro do conxunto e tendo unha idea de dimensión real do espazo. Para iso, os técnicos dividiron o sitio arqueolóxico en zonas que se irán abordando de xeito gradual.   

 Para Mario Crecente, os cambios deben tamén afectar á estrutura institucional do Padroado. “Cómpre abordarmos tamén a revalorización social de Santa Trega”, sinala Crecente como un dos elementos importantes do propio plan. “Hoxe non se pode concebir un plan director así sen contar coa cidadanía”.  O Plan Director contempla accións durante seis anos por un montante final de 19 millóns de euros, divididos nas diferentes accións que se irán asumindo, desde restauracións, servizos, edificacións... Nestes tempos, non será doado “recargar Santa Tegra” –como o define Crecente- e invertir a curva descendente de visitantes e visibilidade social. 

Fontes: 

Redacción Infogauda

1 comentario:

  1. rivadavila independiente xaluns, 26 maio, 2014

    O problema e que a este gobernillo que temos TODO LLE QUEDA GRANDE....
    Enton a SOLUCION que toman e deixar todo do caixon..A measa do despacho do Freitas, xa non da pa mais...
    Plan director do monte tegra, P.X.O.U, circunvalacion via rapida, ferry e asi un longo etcccc.... Vaya pandilla de medriocres....

    ResponderEliminar