A DEPUTACIÓN ENCARGA A ENMACOSA A RECREACIÓN DE ALTA PRECISIÓN EN 3D DE SETE CASTROS DA PROVINCIA
· Son os de Santa Tegra (A Guarda), A Lanzada, Adro Vello (O Grove), Monte Castro (Ribadumia), Troña (Ponteareas), Cabeciña (Oia) e Monte Facho (Cangas)
· A iniciativa busca consolidar e recuperar os xacementos, o seu aproveitamento turístico e social e a súa posta en valor
A Deputación de
Pontevedra encargou á empresa Enmacosa a recreación de alta precisión en 3D de
sete castros da provincia, en concreto os de Santa Tegra (A Guarda), A Lanzada, Adro Vello
(O Grove), Monte Castro (Ribadumia), Troña (Ponteareas), Cabeciña (Oia) e Monte
Facho (Cangas do Morrazo).
Varios especialistas ds consultoría técnica
Enmacosa participaron hoxe nunha sesión de traballo no Patronato de Turismo
Rías Baixas para informar dos últimos avances tecnolóxicos para realizar este
tipo de recreacións en tres dimensións de alta precisión de edificios, xacementos,
estradas ou elementos patrimoniais.
Uno dos técnicos
da compañía, Francisco Barca, explicou que as tarefas levaránse a cabo
principalmente mediante voos non tripulados con drons, para realizar
ortofotografías, imáxes aéreas das zonas nas que poucos elementos se presenten
na mesma escala, para evitar errores e deformacións.
Outra das Tecnoloxías
que se emplearán para levar a cabo eses levantamientos en tres dimensións é o láser
escaner, tamén denominado Lidar Terrestre. Con él, os enxeneiros obteñen sin
contacto un modelo xeométricamente exacto do obxecto analizado. Os resultados
da toma de datos son nubes de puntos que conteñen unha información moi
detallada que posteriormente se procesa co software axeitado para obtener a
documentación necesaria. A precisión das imaxes obtidas e recreadas é milimétrica.
Esta empresa que
se encargará da recreación dos anteditos sete castros da provincia de
Pontevedra xa realizou tarefas similares co levantamento en 3D do Castelo de San
Antón en A Coruña, a igrexa de A Peregrina en Pontevedra, e outros.
A Deputación
tomou a decisión de recrear en alta precisión en 3D os castros citados tendo en
conta a preservación histórica, a catalogación dos xacementos, a rehabilitación
deles, a documentación e o control de
deformacións ou patoloxías.
Con esta medida,
a Deputación busca consolidar a recuperación dos castros da provincia, o seu
aproveitamento turístico e social así como a súa posta en valor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario