Semana das Letras: Díaz Castro e moito máis
Xosé María Díaz Castro
© poetadiazcastro.com
Co 17 de maio e a fin de semana como epicentro, esta é unha semana de intensa actividade cultural e reivindicativa en Galicia ao redor da lingua e da cultura galega. Entre hoxe e o domingo non haberá un día no que non se celebre algún acto ligado a esta data, e practicamente todas as cidades e vilas do país organizan os seus.
A Semana das Letras é tamén a semana grande da Real Academia Galega, que organiza os actos principais das celebracións ao redor da figura de Xosé María Díaz Castro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario