CONVERXENCIA GALEGA PON EN COÑECEMENTO DA XUNTA DE GALICIA O QUE CALIFICA DE "DEGRADACIÓN (CONSENTIDA)" DO ANTIGO COLEXIO SAN JOSÉ
Aspecto que presenta a día de hoxe a fachada principal do antigo Colexio San José, das HH. Carmelitas, de A Guarda - Foto: Converxencia Galega
Con rogo da súa publicación neste xornal dixital vimos de receber á seguinte comunicación:
¡¡CONTINÚA A DESFEITA DO PATRIMONIO CULTURAL!!
Queremos poñer en coñecemento desa Administración a situación de degradación (consentida) que está sufrindo o antigo Colexio San José das HH. Carmelitas, que ante a deixadez e “mirar para outro lado” das autoridades locales, está entrando nun viaxe sen retorno para concluir a sua resistencia e desapareza.
En varias ocasións temos presentado escritos diante do Concello sobre a situación que está sufrindo dita instalación, sen obter resposta de ningún tipo.
De un día para outro apareceron as fiestras tapiadas con ladrillos, solicitamos acceso o expedente desta obra menor, dado que afectaba a unha fachada a conservar, pero obtivemos o silencio como resposta.
Preguntamos en varias ocasións sobre a autorización de Patrimonio para autorizar ditas obras, a desposta foi: SILENCIO ABSOLUTO.
Temos preguntado si esa é a tarxeta de “presentación” que reciben quenes visitan o noso pobo como demostración da loita contra o feísmo: SILENCIO ABSOLUTO.
Por todo o exposto,
Vimos a solicitar a intervención urxente dese Departamento, a fin de evitar que en pouco tempo non teñamos que contemplar como desaparece unha parte importante da historia local.
A Guarda, a 21 de Maio do 2.014
Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Portelo Único) Nº 522/RX 503084
Data do Rexistro: 21 de Maio do 2.014
Celso R. Fariñas
Xunta de Galicia
CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Dirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural Edificios Administrativos de San Caetano
15178 SANTIAGO
Ningún comentario:
Publicar un comentario