CONVERXENCIA GALEGA DEFENDE QUE SE MANTEÑA DO SERVIZO DE
DERMATOLOXÍA NO CENTRO DE SAÚDE DE TUI
Celso Rodríguez Fariñas
O Grupo Municipal Converxencia Galega, con representación na Corporación Municipal do Concello de A Guarda, ven de presentar, para seu debate e aprobación, se procede, na vindeira sesión plenaria, á seguinte moción:
NON A DESAPARICION DO SERVIZO DE DERMATOLOXIA NO CENTRO DE SAUDE DE TUI
Fai uns anos, a
consulta semanal de dermatología no Centro de Saúde de A Guarda, foi eliminada
co “discurso” de optimizar os servicios, sendo desplazados o Centro de Coia a
maioría dos pacientes da comarca do Baixo Miño.
Despois
dos cambios anteriores, se mantivo o servizo dos mércores pola tarde, a que
acudían un bó grupo +/- 40 pacientes, especialmente aqueles máis urxentes ou de
tratamento prolongado dos concellos de Tui, O Rosal, Tomiño e A Guarda. Tamén
se continuou levando a cabo crioterapia, biopsias e diversos controles
sanitarios de diversos enfermedades vinculadas ca pel.
Agora,
de novo, escomenzan a darse situacións de preocupación entre os usuarios,
diante das aseveracións de que dito servizo desaparecerá o vindeiro 1º de
Agosto para ser trasladado a Coia, cas consecuencias de incrementar os gastos
dos pacientes polos desplazamentos e perdas de tempo, custes que son difícil de
asumir por moitos dos/as pacientes dados os séus escasos recursos.
Por todo o exposto,
dende Converxencia Galega, vimos a presentar o Pleno para o séu debate e
aprobación da seguinte Moción:
O Concello de A
Guarda, solicita que a Consellería de Sanidade manteña o Servicio de
Dermatoloxía existe no Centro de Saúde de Tui, dada a repercusión económica e
de perda de tempo que vai a provocar aos veciños/as de A Guarda, O Rosal,
Tomiño e Tui.
Dar traslado
desta Moción os concellos sinalados no apartado anterior, así como tamén a
Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, a fin de que aproben a mesma e den traslado do Acordo ante a Consellería
de Sanidade.
Facerlle
coñocer aos Grupos Parlamentarios do Parlamento Galego, a situación en que
quedan os pacientes desta especialidade nesta comarca.
A Guarda, a 15 de maio do 2.014
Celso R. Fariñas
Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario