OPINIÓN
¿MULTARÍAN A ESTE VEHÍCULO MAL APARCADO?
Quen acudiu a retirar dito vehículo, foi unha das responsables do Concello de A Guarda, membro do Equipo de Goberno, e liberada salarial, que cobra dos impuestos de tódolos guardeses.
Fotografía: Grupo Municipal Converxencia Galega no Concello de A Guarda
No día de onte, entre as 11,30 e 12 da mañán, calquer veciño/a que rodara pola rúa de Circunvalación, podería observar, como un vehículo obstaculizaba completamente o acceso a un garaxe que como se pode mirar, ten a súa pertinente placa de vado.
Núns momentos en que a Policía Local anda a “caza” do infractor nún afán recaudador que para sí quixeran moitos Departamentos Económicos das distintas Consellerías ou Ministerios, tanto de Santiago como de Madrid.
Dende unha vivenda próxima, un guardés cabreado, -fai poucos días, por un feito similar recibiu un saúdo de DOUSCENTOS (200,oo €) EUROS- nos remitiu a imaxe para que preguntáramos si os/as propietarios/as deste vehículo foron sancionados/as, ainda que no bó rato que pasou alí aparcado, ¡¡atracado!! Non pasou ningún axente do Paulino.
Despois de facer as averiguacións pertinentes, dende Converxencia Galega, podemos aseverar, -xa que nos instalamos nas proximidades- que quen acudiu a retirar dito vehículo, foi unha das responsables do Concello de A Guarda, membro do Equipo de Goberno, e liberada salarial, que cobra dos impuestos de tódolos guardeses. ¡¡Por certo, a responsable de cobrar os impostos e as multas!!
¿Pódese aparcar no acceso deste garaxe? ¿Qué explicacións van a darlle as nais/país que en distintas ocasións foron sancionadas por aparcar cando vai a levar/buscar a seus fillos/as o Colexio Manuel Rodríguez Sinde?
¿Si somentes foi un ratiño?, queremos deixar constancia que non se deixa parar aos país/nais, sin importar si chove ou non, nesa zona non hai sitio donde aparcar nas proximidades. ¿Serán “aforados/as os/as Autoridades Locais que lles resbala a Normativa que eles mesmos impoñen aos guadeses/as??
No día de onte, o tempo era bastante agradable, e podíase dar un pequeño paso para ir a merca-la prensa, calquer alternativa é válida, menos o servir de “modelo” infractor, quenes teñen que dar exemplo, e menos cando calquer despiste ou “momentito” se paga cún mínimo de 30€, ainda que a obstaculización dos vados, teñen de “premio” DOUSCENTOS EUROS, quedando na metade, si se paga en periodo voluntario.
Xosé María Martínez Rodríguez
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Tráfico
Sra Concelleira de Facenda
Sr. Jefe da Policía Local
A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario