24 de maio de 2014

A GUARDA

A GUARDA DOCE

Mostra da pastelería do norte de Portugal e do Baixo Miño 

31 de maio e 1 de xuño, de 11:00 á 21:00 horas, na Alameda 


Co evento A Guarda Doce, agroma unha nova oportunidade para dar á coñecer e comercializar os doces e sobremesas das confeitarías, pastelarías e panadarías nun espazo diferente do seu establecemento habitual.  

A Guarda Doce terá lugar na Alameda durante a fin de semana do 31 de maio e 1 de xuño, ó longo do día, de 11:00 a 21:00 h. Os establecementos participantes amosarán ó público as súas elaboracións máis tradicionais e tamén as novas creacións nun entorno de festividade cunha programación de interese para nenos e maiores. 

Están convidados confeiteiros, pasteleiros e panadeiros do Baixo Miño ou do distrito de Viana en Portugal. Deste xeito, A Guarda Doce adquire unha dimensión internacional onde os asistentes gozarán dunha diversa oferta. Tamén poderán participar os establecementos que ofrezan alimentos artesáns.

Ningún comentario:

Publicar un comentario