CONVERXENCIA GALEGA INFORMA SOBOR DA ROTONDA DO VIAL
ENTRE A GÁNDARA E PINTÁN
Con sorpresa, os
guardeses podemos ollar na prensa do día 20 de Marzo, como o Sr. Alcalde, nunha
demostración máis de desfachatez, prepotencia e total ausencia de memoria
(dende logo desmemoria interesada), sae cunhas declaracións sobre este tema
arrogándose iniciativas que non son tal.
No Pleno Ordinario
do Mes de Xaneiro do 2014, tanto él como o séu Grupo Municipal, somentes
respaldaron na Moción de Converxencia Galega no primeiro apartado que decía
textualmente: Solicitar
da Xunta de Galicia o estudio e construcción dunha solución arquitectónica que
garanta a seguridade vial dos peóns que circulen entre os barrios de Pintán e A
Gándara.
Os outros dous puntos da Moción sinalada, foron aprobados, gracias ós votos do Partido Popular, Bloque
Nacionalista Galego e Converxencia Galega; xa que os oito (8) votos do Grupo
Municipal Socialista foron negativos. Polo tanto o PSOE co Alcalde Freitas a cabeza,
votaron en contra das seguintes propostas que decían o seguinte:
Nº 2.- Solicitar
da Xunta de Galicia que no estudio do apartado anterior, haxa unha opción para
vehículos agrícolas de porte reducido.
Nº 3.- Solicitar
da Xunta de Galicia, a adopción na rotonda de elementos apantalladores que
minimicen o impacto sonoro e visual do tránsito que circule dentro da rotonda e
áreas próximas.
Polo menos, por
decencia democrática, xa que “o cortés non quita o valente”, debería facer
referencia o Grupo Municipal que fixo a proposta plenaria, o que fai que
reiteremos que o Grupo Municipal Socialista, ten esgotado o “banco de ideias”,
aprópiase a dos outros para tentar “colgarse a medalla”; realmente esta
legislatura está a demostrar a inutilidade do PSOE guardés, están amortizados e
son o pasado que resiste a deixar paso ó futuro, que eles non representan.
Por elo, queremos
facer público para o coñecemento dos veciños/as, para que sepan a verdade e a
maneira de actuar que ten o Equipo de Goberno Municipal encabezado polo
Alcalde, Sr. Freitas.
A Guarda, a 21 de Marzo do 2014
Xosé María
Martínez Rodríguez
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario