22 de xan. de 2014

FORCADELA (TOMIÑO)

CURSIÑO DE PANDEIRETA EN CANTO TRADICIONAL GALEGO

- Será impartido pola profesora Berta Castro González

Organiza: Asociación de Veciños de Forcadela


  A Asociación de Veciños de Forcadela (Tomiño), organiza un Cursiño de Pandeireta e canto tradicional galego, que será impartido pola profesora Berta Castro González.

  "Esta vez - dixo Berta Castro -, xa que estamos en tempos de crise, o cursiño e totalmente de balde e con moitas facilidades para os alumnos, pois ata lle prestamos a pandeireta!" 
    
    O cursiño será de iniciación, e vai dirixido para persoas adultas e tamén para nenas/os. 
     
    O horario será a decidir entre martes ou xoves, e sempre despois das 20:30 horas.
  
     Para apuntarse chamar o teléfono: 699 999 039
     Ou tamén no facebook da Asociación de Veciños de Forcadela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario