TRIBUNA ABERTA
¡¡TODOS IGUAIS
DIANTE DA LEI!!
Cando algún veciño
por despiste ou por problemas económicos atrásase no pago de calquer recibo dos
servicios municipais, inmediatamente recibe notificación de vía de apremio e de
non actuar, se procede ao embargo da deuda na súa conta bancaria. Ata aquí,
todo ben, pero logo temos as “excepcións” aqueles que son sancionados por vía
decreto da alcaldía e logo non pagan, ¡¡as causas non as sabemos, pero hai
algúns!!....
Imos referirnos a un caso que
consideramos que ten o séu remate no Decreto 1082 do 29.11.2013, por medio do cal
o Sr. Alcalde, pasa de 300 a
1.000,00 € a sanción ¿mensual? ¡¡non!! A impón cando chega algunha
requisitoria dos Xulgados ou os afectados acuden a él e protestan pola
situación que están padecendo.
Con data 30 de xuño de
2008 (RE 5351) ten entrada no Concello da Guarda sentencia 00453/2008, do
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, desestimando o recurso de apelación
0004233/2006, interposto, en relación cos Decretos da Alcaldía de 20/09/2002 e
18/06/2003 e acordo da Xunta de Goberno Local de 23/11/2004,
sobre demolición de obra constructiva.
Dos
datos obrantes no Concello, en virtude do Decreto 138/2003 se ordena efectúa-la
demolición das obras de edificación e se
procede á imposición dunha multa coercitiva por un importe de 300,51 euros,
notificándoselle o dito decreto en data 11 de marzo de 2003, e impoñéndoselle
posteriormente as seguintes multas pola cantidade de 300,51€ cada
sanción:
DECRETOS do 2003
nº 34 e 670 do 11/09/ e 12/09
DECRETO do 2004 nº
1027 do 18/12
DECRETOS do 2005
nº 15, 117e 155 de 19/01, 15/02 e 28/02
DECRETOS do 2009
nº 142, 389, 792 e 793 de 25/02, 20/05, 29/09 e 29/09
DECRETOS do 2010
nº 017, 018 e 083 de 22/01, 22/01 e
15/02
DECRETOS do 2011
nº 297, 439, 525, 684, 771 e 903 do
06/06, 08/07, 11/08, 30/09, 07/11 e 20/12
DECRETOS do 2012
nº 032, 147, 282, 356, 613, 614,
669, do
23/01, 12/03, 14/05, 19/06, 08/10, 08/10 e 09/11
DECRETOS do
2.013 nº 034, 092 e 145 do 24/01, 13/02 e 06/03
Isto indica que do ano 2003
adeuda 601,02; do 2.004, son 300,51; do 2.005 son 901,53; do 2.009 son 1.202, 04; de 2.010 son 901,53;
de 2.011 son 1.803,06; de 2012 son 2.103,57 e de 2013 a cantidade de 901,53 €, , o que fai unha débeda de 8.714,79 €
Nos decretos da Alcaldía, se comunica que o non axustarse
as obras á licencia 187/1993 se non fai a demolición, o Concello poderá proceder á execución
subsidiaria da orde de demolición ben polo persoal municipal ou contratando a
unha empresa especializada, ou a execución forzosa mediante a imposición de
multas coercitivas, reiterables mensualmente, ata a consecución da demolición en contía de 300 a 3.000 euros cada unha. (como se pode ver na relación dos
decretos as multas se impoñen cando os afectados protestan ou se recibe algún
escrito do Xulgado).
Periódicamente
(NON
MENSUALMENTE) a Alcaldía ven impoñendo multas coercitivas sen que
ata a data teña procedido a demolición das obras ilegais. Así mesmo, con data 5
de Novembro de 2009 presentou un escrito no Concello de A Guarda acompañado dun
informe técnico no que interesa que se declare a imposibilidade material de dar
cumprimento á resolución da Alcaldía de
data 27 de Novembro de 1997, sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de 17 de
Xaneiro de 2002, procedendo ó arquivo do expediente iniciado mediante Decreto
da Alcaldía nº 138/2003, de 20 de Marzo, comunicando dita resolución a Sa do
Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Tal
solicitude foi informada polo Arquitecto municipal en sentido desfavorable o 17
de Decembro de 2009, concluíndo que “non
se consideran que os aspectos funcionais, económicos é técnicos ós que se
refiren as consideracións presentadas sexan relevantes para imposibilitar a execución da demolición ordenada polo
Decreto 138/2003”, e que a Alcaldía de A Guarda dictou resolucións 17 e
18/2010 de 20 de Xaneiro impoñendo novas
multas coercitivas, as cales mereceron o correspondente recurso de reposición
mediante escrito de 15 de Febreiro de 2010.
Trala
imposición dunha multa coercitiva en data 15 de Febreiro de 2010, presentan escrito
o 4 de Marzo de solicitude de
imposibilidade material de cumprimento da demolición, que é informado jurídicamente o emitido 11 de maio
de 2011, en sentido desfavorable.
Mediante
Decreto 0276/2011 de 16 de maio se acordou:
1º.- Rexeitar
as solicitudes de inexecución por imposibilidade material dos Decretos da
Alcaldía de datas 20 de Setembro de 2002 e 7 de Marzo de 2003 formuladas
mediante escritos de datas 27 de Outubro de 2009 e 4 de Marzo de 2010.
2º.-
Rexeitar o recurso de reposición
emprendido polo mesmo interesado mediante escrito de 15 de Febreiro de 2010
contra os Decreto 17 e 18/10, de 20 de Xaneiro.
3º.- Denega-la suspensión da
execución dos Decretos 17 e 18/2010 por non concorrer os motivos previstos no
artigo 111.2 da LRJPAC.
Mediante
sentencia 262/2012 o Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra
desestimou o recurso entablado contra a resolución da Alcaldía de 16 de maio de
2011 que rechaza as solicitudes de inexecución por imposibilidade material dos
decretos de datas 20 de setembro de 2002 e 7 de marzo de 2003, que ordenaban a
demolición da vivenda do recurrente.
Impoñer
unha multa coercitiva de 300,51 euros (trescentos euros con cincuenta e un
céntimos), correspondente ó mes de SETEMBRO
de 2012, (ESTAS MULTAS SON DO ANO
2.012 E IMPOSTAS NO 2.013 -e están sen pagar -) multas coercitivas
que se
reiteraran mensualmente, ata
a consecución da demolición en contía de 300 a 3.000 euros cada unha. (non
se fixo).
Agora
van multalo con 1.000€ pero…¿cando? A día de hoxe, NON SE COBROU NADA, ¡de que
vale que impoñan multas se logo non as cobran! ¿Por qué non fan o mesmo cando
algún veciño/a non paga os recibos da auga, lixo, alcantarillado ou da urbana?
¿Por qué non se recarga cos atrasos e intereses como fan nos outros casos? ¿Por
qué non se abre expediente de apremio e se bloquea e embargan as cantidades na conta bancaria? ¿Por qué un blancos e
outros negros?
¿Canto
diñeiro levaremos gastado en abogados –neste caso- para nada? ¿Cantos
expedientes e procedementos estarán na
mesma situación?
A
Guarda, a 24 de Decembro do 2.013
Xosé
María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario