MEMBROS DO CLUBE SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA DESPEDIRON 2013 CON UNHA XUNTANZA ATLÉTICA NON COMPETITIVA
O ambente destas datas de Nadal quedou de manifesto na indumentaria de moitos dos participantes
Fotografía de familia, nos intres previos á saída
O grato ambente foi á tónica xeral en todo o percorrido da Xuntanza Atlética, na que tódolos atletas disfroitaron coa súa participaciónRicardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Respondendo moi positivamente, á convocatoria feita polo clube Sociedade Atlética do Trega, varios atletas de A Guarda e doutros pobos do Baixo Miño, participaron o día 31 de decembro de 2013, nunha Xuntanza Atlética non competitiva. O evento - que contou coa colaboura da Policía Local de A Guarda e de efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES), con base nesta localidade - desenvolveuse con total normalidade e con moi bon ambente deportivo.
Os participantes na Xuntanza Atlética sairon arredor das 16:45 h. desde á rúa Rosalía de Castro, para enfiar pola Avenida de Galicia, Rúa Concepción Arenal, Rúa Alcalde Manuel Álvarez, Rúa Circunvalación, Estrada de Camposancos e Paseo de Portugal, rematando no mesmo lugar da saída, e decir na Rúa Rosalía de Castro, completando unha volta as faldras do Monte Santa Trega.
A pesares de estarmos nos comezos do inverno, a climatoloxía foi bastante favorable, permitindo o desenvolvemento do evento con total satisfacción para tódolos deportistas participantes.
Compre salientar, porque é de xustiza, que nesta Xuntanza Atlética participaron persoas de tódalas edades e nalgúns casos, nais, pais e fillos, nunha viva demostración do crecente interese pola práctica deportiva e máis concretamente do atletismo.
Asemade, os máis noviños responderon de forma verdadeiramente sorprendente, facendo o mesmo percorrido que os adultos e chegando a meta nunhas óptimas condicións físicas.
A organización agasallou a tódolos atletas con chocolate quentiño, rosca de xema de A Guarda e biscoitos, e por suposto auga.
Desde Infogauda felicitamos a tódolos participantes e obviamente a tódolos compoñentes do clube Sociedade Atlética do Trega, pola magnífica labor de promoción do deporte do atletismo que desde súa fundación está desenvolvendo.



Ningún comentario:
Publicar un comentario