2013 REMATA, MÁIS OS CIDADANS AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS NON CLAUDICAN
Afectados polas preferentes e subordinadas, ateigaron fai uns días o salón de sesións da Deputación de Pontevedra - Fotografías: José Luis García Portela
Fronte os lexítimos movementos sociais, como por exemplo, os dos afectados polas preferentes e subordinadas, somentes cabe pórse do lado dos afectados, non contra eles, e moito menos tentar anula-los remesándolles multas
Infogauda
Remata este ano e á problemática das preferentes e subordinadas ainda non está resolta na súa totalidade.
Cando algúns representantes públicos adoitaron ás decisións que todos coñecemos a traverso dos medios de comunicación social, non calibraron os efectos que tales decisións ían ter non somentes para ás economías dos afectados polas presuntas malas prácticas de algúns profisionais do sector bancario, senón para aqueles que están onde están, porque á xente así o decidiu no seu día, cos seus votos, e que algún día poida que teñan que asumir á maquía que lles corresponda, pola seu teimoso posicionamento político.
Fronte á lóxica loita dos afectados somentes cabía atender ás súas lexítimas demandas. Non se fixo así, pois en máis de unha ocasión, algúns representantes públicos, adoitaron estratexias erradas, tentando desviar á atención dos que sofren por tentar recuperar o que é seu. Como os acontecementos viñeron demostrando, á cidadanía fai tempo que deixou de "comulgar" co que algúns dixeron e dín, desde distintos foros.
Mulleres e homes, de tódalas edades, teñen demostrado que en Galicia xa non se recúa, como algúns pretendían, empregando tódolos medios o seu alcence, mesmo remesándolles os afectados multas de considerable cuantía pecuniaria. Esa foi, entre outras, unha decisión craramente errada, por parte dos que puxeron en práctica ese tipo de medidas, digamos coercitivas. A cidadanía hai que escoita-la - e cónstanos que se fixo en diversas ocasións -, pero non chega con iso. Hai que pórse a carón dos que sofren, e tentar atopar solucións os seus problemas, sobor de todo, cando non foron eles os que os crearon, senón outros, que están como se acostuma decir coloquialmente, no cuarto da salú.
Por iso, nestas últimas horas de 2013, queremos unha vez máis, expresar nosa solidariedade coas familias afectadas polas participacións preferentes e débeda subordinada. E tamén, polos emigrantes retornados que están véndose seriamente perxudicados nas súas economías familiares pola aplicación, mesmo con carácter retroactivo de medidas fiscais das que ata fai ben pouco ninguén lles informara.
Non se están facendo ben ás cousas. Todo o mundo o dí. Vaia como un exemplo - entre outros moitos - desta afirmación, a conversa - obviamente resumida - entre unha parella de xóvenes galegos que coinciden fai uns días nunha capital europea con unha xoven de Libia. No diálogo que mantiveron - en inglés -, a xoven libanesa dixo o que coñecía de España. E sintetizouno en unha verba: Corrupción.
Logo xustificaría con varios exemplos esa afirmación, escomenzando pola "infanta" - díxoo en perfecto castelán -, o xenro do monarca, políticos, unha artista da copla que estivo namorada de un alcalde, etc,...
Como cabería respostar, os dous xóvenes galegos, argumentaron que en España hai moitos exemplos de persoas que son un referente de prestixio, tanto no ámeto cultural, como no ámeto deportivo, gastronómico, na investigación,...
Esa é unha demostración de cal é á percepción que fora do territorio español teñan de nos.
Polo tanto, aqueles que teñen adoitado medidas coercitivas contra un sector da cidadanía deste país, para tentar facer recuar os que con toda súa enerxía e procedemento democrático reivindican recuperar seus aforros e que se deixen sen efecto algún ás sancions que lles foron impostas, ou a aquelas persoas que se lles recraman importantes sumas de diñeiro por causa de haberen sido emigrantes; suxerimos que se modifique á estratexia e se poñan tódalas vontades e efectivos, a disposición da procura das solucions os problemas. Non facelo, será con toda probabilidade, prolongar sine die unha agonía social.
Rematamos desexando que en 2014, saibamos reconducir tódalas enerxías para recuperar canto antes á imaxe que de verdade nos debe identificar. A de un país de cidadáns que saben dar o mellor de sí mesmos para crecer racionalmente en tódolos ámetos: cultural, económico, deportivo, social,...
E os dirixentes que non traballen con eses obxectivos, que vaian deixando o seus cárregos á outras persoas máis capacitadas para o logro dos fins que á sociedade no seu conxunto demanda.



Ningún comentario:
Publicar un comentario