13 de dec. de 2013

GOIÁN

A GAITA DE BARQUIN: UNHA XOIA RECUPERADA





Andrea Pousa Barros / Goián


Esta gaita de barquin pertenceu a meu abuelo, restaurouna Oli Xiraldez e sobre ela fixo un primeiro estudo Pablo Carpintero, o feito é que sintome moi agradecida a Oli, Pablo, Xerardo, polo seu interese e por lograr que a cultura do tradicional non quede no eéquecemeto.
Deixovos un anaco do artigo que Pablo Carpinteiro aportou:

"Ata o primeiro terzo do século XX temos documentada no sur de Galicia o único tipo de gaita de fol galega de insuflación mecánica. Trátase da denominada gaita de barquín, unha gaita de fol que xa foi obxecto dunha pequena monografía 1. Este nome fai referencia a un fol mecánico, o barquín, que o gaiteiro sostén debaixo do brazo dereito e co que alimenta o verdadeiro fol flexible do instrumento. A gaita de barquín sobreviviu ata os anos 1930 unicamente na comarca do Baixo Miño (Pontevedra). Pouco sabemos da extensión que acadou antano, pero unha cousa é segura á vista dos achados que puidemos ir facendo: semella que a comarca do Baixo Miño foi unha redución dunha zona máis ampla.
A gaita de barquín aparece tamén en Portugal, pero non podemos precisar onde. Temos documentos fotográficos que o demostran e no Museu da Música en Lisboa consérvase un exemplar do que non consta procedencia. Así mesmo, temos un posible exemplar de gaita de barquín de dous bordóns achado por Luís Mondelo na Maragatería 2, que aínda que non podemos afirmar taxativamente que se trate deste tipo de gaita, pois só se conservan dela o punteiro e os dous bordóns, a semellanza morfolóxica coas gaitas de barquín aparecidas en Estás (Tomiño, Pontevedra) así nolo fan sospeitar. Outra posible interpretación deste achado discutirémola ao final deste capítulo. As gaitas de fol máis antigas que coñecemos en Galicia son precisamente as dúas gaitas de barquín que posúe a familia de Manuel Pousa, posto que pertenceran xa ao seu avó e, aínda que desta información no estaba completamente seguro o informante, pese á súa vigorosa memoria, quizais fosen aínda herdadas de seu bisavó ou quizais tataravó. Estas gaitas contan, pois, cunha idade mínima de 150 anos. Así e todo, sendo certo que foron herdadas do tataravó, esta estimación pasaría a uns 195-200 anos, o que nos colocaría diante de dúasgaitas de barquín galegas de finais do século XVIII. Esta derradeira datación ven soportada pola escurísima cor do buxo 6 e pola extrema simplicidade do torneado dos seus bordóns.
O único taller de gaitas de barquín que temos documentado foi o rexentado polo avó e polo do pai de Manuel Pousa Iglesias, ambos chamados José María Pousa. Seu pai era coñecido polo alcume de “O Setecricas” e morreu cando Manuel contaba 11 anos, polo que non herdou del máis que as gaitas e o pouco que lle puido ensinar a tocar".

Ningún comentario:

Publicar un comentario