Tomiño presenta este luns o seu “plan estratéxico” sobre as liñas de traballo municipal a seguir nos vindeiros anos
O Concello de Tomiño presentará este luns, 11 de novembro, ás 20.00 horas, no Salón de Plenos, o “Plan Estratéxico 2013-2015”, elaborado polo goberno local e a Escola de Negocios NCG, utilizando unha metodoloxía participativa, a través da cal participaron máis de 50 asociacións e entidades locais, aportando a súa experiencia e ideas para deseñar as accións nas que es preciso traballar nos vindeiros anos, para crear un futuro mellor para o municipio no seu conxunto.
No acto de presentación de este importante traballo, exporanse as liñas principais do mesmo e as conclusións, así coma as iniciativas concretas nas que traballarán nos próximos anos os responsables municipais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario