9 de nov. de 2013

DEPORTES

BALONMÁN FEMININO

A EQUIPA MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS DEBUTA ESTE DOMINGO EN RUSIA, NA RECOPA EHF 

Mecalia Atlético Guardés

Zvezda Zvenigorod, de Rusia

Infogauda / A Guarda


Logo de percorrer uns 4.000 quilómetros de distancia desde Galicia ata á Federación de Rusia, as rapazas da equipa Mecalia Atlético Guardés enfrontaranse este domingo día 10 de novembro de 2013 o Zvezda Zvenigorod, de Rusia, para disputar o partido de ida da Recopa EHF.
Logo da ampla victoria (33-23) na competición ligueira fronte o Rocasa ACE Gran Canaria, a equipa que dirixe Manu Etayo agrandou súas expectativas para afrontar este domingo, a partires das 17:00 horas (horario local ruso), un encontro na cancha do Zvezda - Estrela, en ruso - Zvenigorod, que podemos calificar de histórico polo debut do Mecalia Atlético Guardés na competición  continental.
A recuperación de Kurchankova e a posibilidade de que Cristina Barrios tamén poida estar no parquet de Zvenigorod, a pesares de ter un esguince no pe dereito, vai motivar que as mozas de A Guarda saian a xogar con máis motivación e mesmo poidan acadar un resultado positivo nesta viaxe a terras da antiga Unión Soviética.
O programa de Deportes da televisión pública de Galicia ten previsto conectar ás 13:55 h. (horario de Galicia) para ofrecer información vía Internetdese encontro que con toda certeza vai ser seguido con moitísima atención por tódolos siareiros de A Guarda e doutras poboacións de Galicia e mesmo do veciño Portugal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario