28 de nov. de 2013

PONTEVEDRA

ENTREGAN OS DIPLOMAS DO PROXECTO AQUELANDO3 CON ÉXITO DE PARTICIPANTES EN CADA CURSO

·        O vindeiro mes de decembro comeza a segunda edición con 12 cursos nos concellos de Valga, Cambados, Mos, Porriño e Vilagarcía de Arousa

A deputada provincial Marta Iglesias Bueno, entregou esta tarde os diplomas correspondentes as accións formativas da primeira edición do proxecto aQuelando3, iniciativa do organismo provincial cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
Os cursos realizados foron: atención sociosanitaria a persoas no domicilio, atención sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais, docencia da formación para o emprego, e implantación e animación de espazos comerciais. Estes se impartiron en Pontevedra, no centro Príncipe Felipe, a excepción do curso de Implantación e animación de espazos comerciais, que se desenvolveu no edificio administrativo da Deputación, que conta cun aula homologada para tal fin.
Todos os cursos están asociados ca acreditación do certificado de profesionalidade en cada unha das especialidades formativas ao amparo do convenio asinado entre a Deputación e a Consellería de Traballo e Benestar, a través do cal as accións formativas impartidas dentro do proxecto aQuelando3 teñan a acreditación correspondente.
O total de persoas participantes foi de 60, 15 persoas desempregadas en cada un deles.
Vindeiros cursos
No vindeiro mes de decembro vai comezar a segunda edición das accións formativas do proxecto, cun total de 12 cursos nos que van a participar 180 persoas. Os cursos se impartirán en diferentes concellos da provincia de Pontevedra: Valga, Cambados, Mos, Porriño e Vilagarcía de Arousa e son:
·        Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio, Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais, Docencia da Formación para o Emprego, Financiamento  de Empresas, Asistencia a Dirección, Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, Emprego doméstico, Dirección e coordinación de actividades de tempo libre infantil e xuvenil.
Nos cursos de “Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais” e no de “Emprego doméstico”, impartirase unha formación complementaria de 100h, para a preparación das competencias clave.

Deste xeito a Deputación de Pontevedra esta a traballar por mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas con maiores dificultades de acceder o mercado laboral ofertando unha formación acreditada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario