A PLATAFORMA DE AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS DO BAIXO MIÑO INFORMA DOS XEITOS DE COLABOURAR COAS PERSOAS QUE FORON SANCIONADAS
Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño
A Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño informa de que todas aquelas persoas que desexen colaborar coas plataformas da Galiza poden facelo mediante un donativo económico no seguinte número de conta do BBVA: 0182-4860-95-0201524927, ou ben mercando lotaría do Nadal (número 43.477), que de chegar a tocar esta lotaría, cobraríase nas sucursais do BBVA, á venda nos seguintes establecementos do Baixo Miño:
Tui: "Peixería Margarita", na Praza de Abastos.
Tomiño: "Cafetería San Telmo".
O Rosal: "Cafetería Volován".
A Guarda: "Bar Celta", "Cafetería Marbella" e no "Estanco do paseo do Porto".
Dicir de antemán que todo o que se recaude empregaráse para facer fronte ás sancións que se nos están a impor de xeito represivo aos afectados polas preferentes e subordinadas da Galiza. No caso de non faceren falla, esta recaudación, donaráse a unha ONG ou causa solidaria.
Dende a plataforma queremos agradecer todo o apoio e solidariedade que estamos a recibir diariamente por parte da sociedade, e axiña teremos na web un enlace para recollida de sinaturas solicitando a retirada destas surrealistas sancións.
Moitas grazas pola súa colaboración: Un cordial saúdo.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario