9 de nov. de 2013

CULTURA

Á EMIGRACIÓN GALEGA EN NOVA YORK HOMENAXEOU Á ROSALÍA DE CASTRO

  Arturo Conde, Francisco Álvarez Koki e Claudio Rodriguez Fer, no decurso da homenaxe da emigración galega en Nova York, á Rosalía de Castro.

Francisco Álvarez Koki / Nova York

Eran as sete da tarde, cuando este cinco de Novembro, soaron as campás de Bastabales na Nacional. Era a homenaxe a Rosalía de Castro e a emigración galega na sociedade mas antiga de Nova York. A  Nacional que cumple cento cuarenta e cinco anos, donde fai moitos anos os galegos que chegaron a esta cidade dos rañaceos encontraban acubillo, un cuarto e unha taza de caldo. Fora como un estandarte rosaliano estaba a bandeira galega e dentro  o periodista  fillo de galegos Arturo Conde que e un estudoso da emigración galega, debullaba o seu texto pola curiosidade dos convocados. O duende de Rosalía voaba pola casa.
Logo sería o poeta de A Guarda Francisco Álvarez Koki quen  lle poría voz o poema de Rosalía "Adios ríos, adios fontes". Tamén lería dous poemas da súa autoría "Homenaxe a os traballadores galegos da ponte de Brooklyn" e o poema a "Miña Galiza"
E despois sería o poeta galego que estes días andaba por Nova York. Claudio Rodríguez Fer, quen nos falou de Rosalía da súa obra e tamén de emigrantes, para finalizar léndonos a súa "Revolución Rosaliana" e outros poemas da súa autoría e de Rosalía de Castro. 
Homenaxe histórico nun centro donde tantos galegos viviron e mataron as súas soidades.
Tivemos tamén a sorte de contar entre o público coa presenza da nosa gaiteira que tan ben nos representa no mundo como e Cristina Pato, tamén o compositor Octavio Vázquez, e como non ao galego mais importante de Nova York, o sociólogo Dino Pacio Lindín. 

Dinio Pacio Lindín, Claudio Rodríguez Fer, Francisco Álvarez Koki e Arturo Conde.

O acto foi organizado polo Colectivo Celso Emilio Ferreiro, que fora fundado polo poeta Francisco Álvarez Koki e o profesor Dino Pacio Lindín polos primeiros anos da década dos noventa, quen ante a imposibilidade de facer actividades en galego nas institucións que nos representa alén mar xurdiu este colectivo para dignidade da nosa cultura, sempre tan esquecida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario