8 de nov. de 2013

A GUARDA

DEIXADEZ E ABANDONO, LEVAN A DESFEITA DA RÚA SECUNDINO MELÓN  


Reportaxe fotográfica: Grupo Municipal Converxencia Galega, no Concello de A Guarda

Un paseo por esta rúa, nos reflexa a realidade do Grupo de Goberno do PSOE, que encabezado polo Sr. Freitas, sigue mantendo a postura de esperar o fin da lexislatura sen encarar os graves problemas que ten a nosa localidade.


Abandono, suciedade e desfeita da rúa, é todo o que se atopa en Secundino Melón, donde calquer obra que alí se fai, deixa o chan (instalado fai pouco máis de 10 anos) sen asentar o que provoca que cando pasa algún coche, as lousas se solten o estralar o cemento que as asenta, e en moitos dos casos rompan.



Nas saídas dos garaxes, as manchas de aceite, graxas e outras sustancias vertidas na rúa, danan as pedras, así como a conversión da mesma como “zona de servicio” para cans, que xunto a súa “función” de mexadeiro institucional para negocios de ocio de fin de semán, é o que provoca  que os “aromas” se fagan nalgúns momentos insoportables para o vecindario.



Dado que o que está a vista non precisa moito texto, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a denunciar o estado de abandono en que se atopa a rúa Secundino Melón, donde o estado de suciedade, abandono e malos olores sigue cada vez peor, sen que as autoridades municipais, tomen ningunha medida, polo que o Grupo de Goberno Municipal do PSOE co Sr. Freitas a cabeza, siguen mantendo un discurso e facendo todo o contrario. 


A Guarda, a 5 de Novembro  do 2.013

                                               Rexistro de Entrada nº 6.072

                                                Data de Rexistro: 07-11-2013
       
       Beatriz Estévez Álvarez 
Concelleira de Converxencia Galega

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

1 comentario:

  1. si eso es estar mal tendria que ver la calle malteses que es la masantigua y las estropeada y a la que nunca le hacen nada y eso que para el 2010 iban a arreglarla completamente seguimos esperando

    ResponderEliminar