A Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño quer asistir a xuntanza que terá o alcalde de Tui co presidente da Xunta de Galicia
Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño
A Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño, ao termos coñecemento de que o vindeiro luns día 10 de xuño, o rexedor tudense, Moisés Rodríguez, terá unha xuntanza co Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; dirixímonos ao alcalde para esixirlle que un dos puntos a tratar nesa reunión sexa a estafa masiva das preferentes e subordinadas, e a condena da quita recentemente legalizada no Congreso dos Deputados.
Así mesmo desde a plataforma tamén consideramos moi importante que o alcalde tudense sexa acompañado polos portavoces dos afectados. Agardamos á resposta do Alcalde de Tui.

Ningún comentario:
Publicar un comentario