O GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA RELEMBRA Á "ESCASA EFICIENCIA DE OPERATIVIDADE DO PARQUE DE VEHICULOS E MAQUINARIA DO CONCELLO"
Despois de revisar tódolos datos sobre o custe de combustible e reparacións de vehículos e maquinaria do Concello de A Guarda durante o ano 2.012, o que nos da un total de 27 unidades, tiveron un total de gastos en combustibles sobre 37.000 €, namentras que os gastos en reparacións foron mais de 21.000 €, o cal da un ratio dunha operatividade moi baixa por cada euro invertido.
Como exemplo desta afirmación, diremos que existen 8 vehículos (1/3 do parque en total) que teñen máis gastos en reparacións que de combustible, en conclusión, estes vehículos pasan máis tempo no taller que facendo traballo efectivo.
Un dos exemplos desta afirmación é un dos coche-patrulla da Policía Local, xa que os séus gastos de taller case triplican os gastos de combustible. Non sabemos si é que o coche se deteriora por non usalo, ou que os que o conducen non son moi cuidadosos no manexo do mesmo.
Faise evidente que é necesario comprobala operatividade do parque de vehículos, pois hai algúns que apenas se usan o longo do ano, outros xeneran moitos gastos de taller para o servicio que prestan. Pero isto non só hai que ver o caso de cada vehículo, tamén hai que comprometelo persoal municipal que os usan, pois o trato empregado nas horas de traballo, repercute dun xeito directo na duración, rendimento e eficiencia destes vehículos.
Todo o anterior, repercute nun xeito directo nas contas do Concello e nos servicios que se prestan os veciños,…, pero de momento o que sí é evidente para nos é o seguinte: por parte do Equipo de Goberno Municipal do PSOE non hai un control sobre este Parque de Vehículos, non hai control sobre os gastos que xeneran, non hai control sobre o rendemento operativo que se obten de cada un deles.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, consideramos que se debería levar a cabo un estudio sobre a modernización deste parque móvil, pois máis dunha cuarta parte, ten unha antiguidade de case 15 anos, situación que redunda dun xeito negativo sobre a vida útil e funcionamento do mesmo
A Guarda, a 15 de xuño do 2.013
Beatriz Estévez Álvarez
Sr. Alcalde-Presidente de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario