O Parlamento, ante a oportunidade de que Galicia "aproveite" a lusofonía
Imaxe difundida polo grupo promotor da ILP
CC BY-SA ILP Paz Andrade
Pouco despois de chegar á Presidencia da Xunta e en plena polémica pola súa contrarreforma lingüística Alberto Núñez Feijóo sorprendía cunhas declaracións que pouco ou nada tiñan que ver coas súas posicións habituais a respecto do idioma. Aproveitando unha xuntanza co embaixador de Portugal en España anunciaba a súa intención de incorporrar a lingua portuguesa ao ensino público galego para, deste xeito, aproveitar as oportunidades da lusofonía.

Ningún comentario:
Publicar un comentario