- Continúan os verquidos de augas fecais en Santa Marta
- EU Baiona convoca para hoxe un acto informativo sobre o PXOM
- Denuncian o estado de abandono das beirarrúas da rúa Otero Pedrayo
- O Val Miñor a voo dun Quadcopter.
Posted: 09 Apr 2013 09:03 AM PDT
Os 28 millóns de euros da nova depuradora de Baiona non parecen por coto aos contínuos verquidos de augas fecais que se producen na contorna de Santa Marta.
O pasado sábado, as 14:30 da tarde, as persoas que paseaban pola zona foron testigos dun dos focos causantes dos pestilentes cheiros que acontecen a determinadas horas da madrugada na zona comprendida entre a Curva do Manco e a rotonda de entrada a Avda. Monterreal.
|
Posted: 09 Apr 2013 08:02 AM PDT
EU de Baiona ten planificado un acto informativo aberto para este martes 9 de abril, ás 20:00 no CPI Covaterreña sobre o novo PXOM de Baiona.
A formación informará sobre as alegacións que vai a presentar en relación á "valoración dos terreos a 6 euros o metro cadrado", a escasez de espazos libres, as instalacións deportivas de Baredo, o crecemento previsto e a non contabilización na normativa urbanística de 7800 metros cadrados para vivenda protexida que se mencionan na memoria xustificativa de dito plan.
|
Posted: 09 Apr 2013 07:00 AM PDT
|
Posted: 09 Apr 2013 04:58 AM PDT
Dende hai algunhas semanas un mini-helicóptero non tripulado de catro motores sobrevoa o Val Miñor. O seu obxectivo non é outro que capturar fermosas imaxes de Baiona, Gondomar e Nigrán dende unha perspectiva aérea. O fotógrafo miñorano Carlos Costas é o impulsor deste proxecto nel que leva investidos máis de cinco mil euros. Dende agora, as vellas fotografías aéreas que adornaban as casas poderán ser substituídas ou acompañadas por imaxes en alta definición en formato vídeo, panorámicas de 360º ou moitas outras opcións que aportan as novas tecnoloxías.
|
https://www.movistar.es/iext/anag?id=datos_centrales_interior_m4&url=/ue/pub/seg00/jsp/COL10/controlRegen?accion=rconefac&mcts=1365282764230&ositeid=0021&p1=41092554&p2=1365282764011&p3=PID000&p4=IDUSER&pid=uemailreg&mac=zYdAsUe6cyZgid1xaB4DJS08ELM%3D
Ningún comentario:
Publicar un comentario