20 de abr. de 2013

ECONOMÍA

Milleiros de afectados polas preferentes dinlle "non ás quitas" en Vigo



Manifestación contra as quitas das preferentes en Vigo @A3Galicia

Milleiros de persoas volveron saír ás rúas contra a "estafa" das preferentes este sábado. Convocados pola plataforma de afectados polas participacións preferentes de Vigo e do Val Miñor, e coa presenza de colectivos de toda Galicia e incluso unha representación de grupos doutras zonas do Estado, os cidadáns encheron as rúas da cidade olívia para berrar ben alto "Non ás quitas", un lema coincidente co que encabezou a marcha.

Ningún comentario:

Publicar un comentario