17 de abr. de 2013

A GUARDA


A XUNTA DIRECTIVA DO CENTRO S. XEROME, E REPRESENTANTES  DO PERSOAL  (CIG)   CHEGAN A UN ACORDO SOBRE XUBILACIÓN PARCIAL E CONTRATO DE RELEVO


            O  acordo suscrito ó abeiro  do artigo 8 do  Real Decreto 5/2013, de medidas para favorecer a continuidade de vida laboral dos traballadores de maior idade e promover  o envellecemento activo,  foi comunicado e posto a disposición do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).

             Gracias a este acordo suscrito pola Directiva do  Centro S. Xerome e a representación unitaria dos traballadores, os traballadores e traballadoras  do Centro S. Xerome, poderán acollerse a xubilación parcial consonte a normativa vixente antes do 1 de xaneiro de 2013. Incorpóranse ao presente plan os traballadores e traballadoras que até o día 31 de decembro de 2018 cumpran os requisitos esixidos para  o acceso a xubilación parcial na  citada normativa.
 O ámbito temporal  estenderase dende a data da suscripción até o dia 31 de decembro de 2018.
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario