12 de mar. de 2013

VAL MIÑOR

Posted: 11 Mar 2013 10:01 AM PDT
chourizada preferenteAta o vindeiro venres 15 de marzo o Concello de Gondomar terá prazo para dar lugar a un pleno extraordinario e de carácter monográfico relativo á problemática das preferentes. O mesmo fora convocado formalmente a semana pasada polos cinco concelleiros nacionalistas (non adscritos) a través dun escrito. A solicitude tamén inclúe que sexa un representante dos aforristas estafados a que expoña á "Corporación Municipal e á cidadanía en xeral de primeira man a problemática que están a padecer". ANOVA, ao igual que a Plataforma de afectados estima nun número próximo a 400 os veciños de Gondomar que foron obxecto da estafa das caixas .
 
Posted: 11 Mar 2013 09:28 AM PDT
Audiencia-Nacional-desestima-Fernandez-Gayoso TINIMA20130212_1152_5O ex presidente de Novacaixa Galicia, Julio Fernández Gayoso, devolveu esta mañá a Medalla de Ouro outorgada polo concello de Vigo, tras decidir a corporación municipal retirarlla a raíz do escándalo das preferentes e as indemnizacións da caixa que o ten como imputado pola Fiscalía Anticorrupción xunto a outros ex altos cargos da entidade.
 
Posted: 11 Mar 2013 09:03 AM PDT
anova-baiona-Antonio Espinar Moure é o novo Coordinador Local da formación nacionalista ANOVA no concello de Baiona.
 
Posted: 11 Mar 2013 01:58 AM PDT
Encontro da plataforma de afectados cos alcaldes do Val Miñor e o presidente da deputación.
O pasado sábado Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, cargou contra os grupos de afectados polas preferentes que "están actuando como un verdadero comando radical para atacar o PP", acusounos de "manipular ós afectados e usar politicamente este conflito", e defendeu o "apoio incondicional" do PP as vítimas do que cualificou de "estafa masiva". As Plataformas de Afectados por Preferentes responderon a estas declaracións este domingo pola noite nun comunicado no que acusan a Louzán de "demagoxia" e de "faltar á verdade".

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario