Tres equipos de alumnos de 4º ESO do IES de Tomiño acadaron o segundo premio ex aequo no V Concurso de Robótica, organizado pola Institución Galega da Ciencia en colaboración coa Fundación Barrié
Carlos Villanueva / Tomiño
A Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA), en colaboración coa Fundación Barrié, organizou na Coruña, do luns 25 de febreiro ao venres 1 de marzo, o V Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, no cal participaron preto de 1.000 alumnos e 58 profesores de 29 centros educativos de toda Galicia.
O IES de Tomiño participou neste V Concurso Galego de Robótica cun total de 48 alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º bacharelato tutelados polos profesores de Tecnoloxía, acadando un resultado moi bo: 3 equipos de 4º ESO empataron no segundo posto da categoría de 4º ESO cos equipos do IES A Cachada de Boiro e IES Canido de Ferrol
A proba consistiu no deseño de varios programas mediante os cales un robot debía realizar diferentes tareas, como trazar rutas seguindo unha luz, detectar obstáculos, seguir ordes en función dos sons detectados, etc. Para isto dispuxeron so de unha hora. O interés mostrado por todos os participantes foi moi alto e a experiencia resultou moi satisfactoria para todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario