O ESCRITOR PRAXÍTELES GONZÁLEZ MARTÍNEZ PRESENTOU NA FEIRA DE SAN GREGORIO, SEU LIBRO "YO TAMBIÉN FUÍ CONTRABANDISTA EN EL ESTUARIO DEL MIÑO"
O alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, acompañado da Concelleira de Culturado, Charo Tabales Perozo, e do seu homólogo de A Guarda, agradece públicamente á labor do escritor rosaleiro Praxíteles González Martínez, situado a seu carón.
Infogauda / O Rosal
Presidida polo alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, que estivo acompañado pola concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, e polo alcalde de A Guarda; pouco despois das 18:15 h. de onte, tivo lugar na Estrada (Pías), á presentación do novo libro do escritor Praxíteles González Martínez, que leva por título "Yo también contrabandista en el estuario del Miño".
Á presentación correu á carrego de Ricardo Rodríguez Vicente, que na súa intervención dixo, entre outras cousas, o seguinte:
"(...) A petición do amigo Praxíteles
González Martínez, voltamos a ter á honra de dirixirnos o respectable público,
para presentar un libro da autoría deste inquedo veciño do Cotro, que ven
amosando unha loable labor por recoller en libros da súa autoría, imaxes,
vivencias, e testemuñas de uns tempos doutrora. E ten moito mérito, porque
adícalle seu tempo e seus cartos. E decir, estamos falando de un autor, que
ademáis da labor de escritor, é tamén editor e distribuidor. Por todo iso, noso
público recoñecemento para Praxíteles, e tamén a súa dona e fillos, que cada ún
do seu xeito, lle amosan seu agarimo e apoio total. Doutro xeito non sería
posible que este autor nos dese á posibilidade de acceder os libros que ata o
de agora ten publicado.
O libro que hoxe presenta
Praxíteles González Martínez, que leva por título “Yo también fuí contrabandista en
el estuario del Miño”, é – ademáis de toda unha confesión pública –
unha homenaxe a todas aquelas persoas que interviron na que poderíamos
denominar “industria do contrabando”. Nesa actividade participaron persoas de
tódalas edades, sexos, e condicións sociais. De unha e outra ribeira do río
Miño. A maior ou menor escala.
Esa actividade económica foi un
reto constante entre contrabandistas e forzas da orde pública, na que somentes saían
airosos os máis inxeniosos, os máis fortes, os que mellor coñecían o terreo por
onde se movían – que non sempre era o máis favorable - e tamén, porque non
deci-lo, os máis arriscados e os máis traballadores.
O contrabando era un negocio no
que todos, de un xeito ou de outro, participaban. Os únicos perxudicados, por
deci-lo así, eran os aparellos recadadores dos Estados español e portugués, que
deixaban de perceber os correspondentes aranceis que eran de aplicación ás
importacións e exportacións.
A actividade contrabandística
permitiu tamén, dalgún xeito, combater ou cando menos, paliar, á situación de
miseria na que nos atopábamos os cidadans de España e de Portugal. E había que
buscarse á vida como fose, mesmo xogándose o pelexo. Por iso, hoxendía, cando a
situación mudou sensiblemente, tanto en Portugal como en España, queremos desde
eiquí e agora, render unha sinxela homenaxe aquelas mulleres e homes, que
loitaron pola supervivencia dos seus, por mata-la fame, por axudar á modesta
economía familiar, e sobor de todo, por resistir fronte a unha situación que
viña dada pola belinxerancia internacional e tamén por estarmos daquela nunha
díficil posguerra. Procurando avanzar cara a un futuro mellor que semellaba que
non ía chegar nunca. Porque había moitos que non tiñan interese en que á
situación de desigoaldade socioeconómica mudase (...)".
O escritor Praxíteles González Martínez, asinando exemplares do seu novo libro, no local da exposición de obras da súa autoría
Segundo salientou o presentador, "(...) O contrabando permitiu que o
diñeiro circulase, que algúns productos farmacéuticos, como a penicilina,
chegasen a quen os precisaba. Que os repostos e neumáticos para os vehículos a
motor entrasen polo río Miño de xeito cáseque provindencial, grazas ás persoas
que comerciaban nese tipo de xéneros. Entre outros, como o café, metais - cobre,
ouro e prata -, gando, peixe,... En todo caso, todos eles necesarios para o
desenvolvemento económico das empresas do país.
E para rematar, xa que temos o
pracer de presentar o novo libro de Praxíteles González Martínez, queremos tamén
lanzar unha proposta: A creación de un Museo do Contrabando, ou polo menos, que
algún concello da contorna, teña a ben adicar un espazo cultural a esa
actividade. Coidamos que a pesares dos anos que xa pasaron, ainda podemos
dispor de moito material que podería constituir os fondos desa entidade, que
tería interese cultural, pedagóxico e mesmo sería un recurso turístico nada
desdeñable.
A proposta queda dita. Como os
tempos non son os máis favorables para certas iniciativas, e algúns consideran
que a Cultura non lles da réditos, sempre nos quedará á satisfacción de poder
disfroitar coa lectura do libro de Praxíteles González Martínez que estará á
venda nas librarías de toda á comarca (...)".
Deseguido interviu Praxíteles González Martínez, para referir algunhas anécdotas referidas á lectores de libros da súa autoría, que lle agradeceron poder disfroitar da súa lectura.
Logo da intervención do escritor, veciño do Cotro (Pías), o alcalde do Rosal, igualmente veciño de Pías, salientou públicamente seu agradecemento á labor desenvolvida por Praxíteles González Martínez, xa que grazas a súa iniciativa foron publicadas varias obras da súa autoría, que contribúen o acervo cultural do concello do Rosal.
Nunha nova intervención do escritor, éste agradeceu o respetable público súa asistencia, e seguido alcalde e concelleiras do Rosal, acompañados por Praxíteles González Martínez, iniciaron á visita das diferentes exposicións que se amosan nesta nova edición da Feira de San Gregorio. E fixéronno, escomenzando pola que presenta o polifacético Praxíteles González Martínez, na cal amosa diferentes creacións (maquetas de inmobles - entre elas á do Centro Cultural de A Guarda -, muiños, á ponte do Tamuxe, unha "cabaqueira", etc., así como figuras modeladas en barro, mapas, etc. da súa creativa autoría.
Nunha atractiva exposición, o polifácetico artista rosaleiro presenta unha variada mostra de obras da súa autoría
O escritor e inquedo artista rosaleiro, tamén asinou exemplares de libros da súa autoría, nomeadamente o que onte se presentou "Yo también fuí contrabandista en el estuario del Miño", que xa se pode mercar nas librarías, o prezo de 15 euros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario