10 de mar. de 2013

OIA

NOVO DESPROPÓSITO DO DESGOBERNO MUNICIPAL


Oia Outra Idea Alternativa

Novo imposto no Concello de Oia. Van cobrar os veciños e veciñas por un servizo municipal que é un fraude, xa que as "depuradoras" NON DEPURAN, despois de gastar 1 millón de euros, dos nosos impostos, só nas falsas depuradoras e triste ver que as augas residuais acaban no mar sen ningún tipo de depuración. Simplemente verten ó mar as augas residuais despois de ser decantadas. Se o servizo funcionase tería sentido este novo imposto, pero non nas condicións de servizo actuais. Vese que andan excasos de cartos e necesitan máis diñeiro. Haberá que organizarse para protestar contra este desproposito do desgoberno municipal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario