A
DEPUTACIÓN SACA A LICITACIÓN POR 104.000 € A COMPRA DE 80 DESFIBRILADORES PARA INSTALACIÓNS
DEPORTIVAS DE ALTO USO DE 38 CONCELLOS
A Deputación de Pontevedra acordou sacar a
licitación a adquisición de 80
desfibriladores semiautomáticos externos de alta frecuentación para ser
instalados en instalacións deportivas de 38 concellos da provincia que se
adheriron ao plan provincial para dotar destes aparatos a complexos deportivos
con alta frecuencia de uso deportivo.
A entidade provincial destinará a esta adquisición
un orzamento de 104.000 euros, a razón de 1.181 euros sen IVE por
desfibrilador. A Deputación financiará o 50% do costo de cada un dos
desfibriladores e cada concello poderá contar con máis de un, sempre en función
dun informe de uso de instalación existentes.
A compra por parte da Deputación destes aparatos
leva implícita a impartición de cursos de formación para a acreditación do persoal
non médico que os utilice, que será dunha persona por concello.
Esta medida da Deputación ven a completar a súa
decidida vocación de apoio ao Deporte. Nas instalacións deportivas construidas
practican deporte a diario miles de personas que poden correr riscos nalgún
caso de paradas cardiorrespitarias súpetas. Según datos da Consellería de Sanidade,
cada ano aténdense unhas 800 personas por esta causa.
Os desfibriladores automáticos de alta
frecuentación servirán para paliar os anteditos riscos e, segundo dixo Louzán,
“se serven para salvar unha sola vida, valerá a pena”.
DISTRIBUCIÓN DOS DESFIBRILADORES
Comarca do Deza e Tabeirós: Agolada (1) nas instalación deportivas municipais; A Estrada (2) no pavillón Coto Ferreiro e
no campo do Callobre; Lalín (3) en
instalacións deportivas; Rodeiro (1)
no pavillón polieportivo; Silleda
(1) no complexo deportivo; Vila de
Cruces (1) no campo de O Camballón.
Condado e Paradanta: Arbo (1) no pavillón polideportivo de Arbo; Mondariz (1); Salceda de
Caselas (2) no campo Penedo Redondo e no pavillón municipal de deportes; Salvaterra de Miño (3) instalacións
deportivas de Casal, Salvaterra, e nas
piscinas;
Val Miñor: Baiona
( 3) no pavillón de deportes, no campo de fútbol de Aral e no concello; Gondomar (3) para campos e pavillóns; Nigrán (3) no campo de Condomínguez, no
de Vilariño e no pavillón.
Comarca do Baixo Miño: A Guarda (3) no campo de A Sangriña, na piscina municipal, no
pavillón, etc.; Oia (1) no campo de
As Tornas; Tomiño (1); Tui (3) nos pavillóns e campos de
fútbol;
Comarca de Pontevedra: Barro (1); Cotobade (1)
no pavillón de Tenorio; Poio (2) no
campo de A Reiboa e no pavillón de A Seca; Ponte
Caldelas (1); Vilaboa (3) no
campo do Cura, no campo do Cabalo, e no campo Chan do Vilar.
Comarca do Morrazo: Cangas ( 2) no pavillón do Gatañal e nas pistas de atletismo; Marín (3) no campo de San Pedro, no
pavillón de A Raña e no pavillón de Cañota;
Moaña (1);
Comarca de Caldas: Catoira (2) no club de fútbol Catoira e no club de Piragüismo; Cuntis (1); Moraña (1) no campo de Sta Lucía; Valga (3) nas instalacións deportivas.
Comarca de Arousa: O Grove (3) para os campos de Monte da Vila, Lampáns, pavillón
municipal de Deportes; Illa de Arousa
( 2) no campo Salvador Otero e no pavillón do CEIP Torre; Meis (1) en instalacións deportivas; Ribadumia (2) campo de Ribadumia e Barrantes; Sanxenxo (1) na piscina municipal;
Comarca da Louriña: Mos (3) no campo de Cototorrón, pavillón Óscar Pereiro, no campo de
As Baloutas; Porriño (3) no pavillóns
e zonas polideportivas.
Comarca de Vigo: Redondela (3) campos e pavillóns; Soutomaior (3) no pavillón municipal, campo do Salgueirón, e no
campo do Candán.

Ningún comentario:
Publicar un comentario