5 de feb. de 2013

GOIÁN

CINEMA

HONEYMOONS ABRE A NOVA PROGRAMACIÓN DO CINECLUB POLEIRO 
O bono para as cinco películas custa 12 euros 


 Rita Alonso Pérez / Goián

Honeymoons, (luas de mel), unha película dirixida polo serbio Goran Paskaljevic e   avalada pola espiga de Ouro da Seminci de Valladolid, abre  o novo ciclo do cineclub Poleiro o próximo xoves 7 de febreiro, ás 21:30 no Auditorio de Goián.
Honeymoons conta a historia  de duas parellas que emigran buscando una vida mellor. Unha deixa Serbia en tren cara a Austria por un posible contrato de traballo.A outra vive un amor imposible que a leva a deixar Albania en barco con rumbo a Italia. Os seus soños topan coas fronteiras.

O 7 de marzo chega un romance dramático. The deep blue sea, do británico Terence Davies cun reparto encabezado por Rachel Weisz. Unha historia ambientada en Londres dos 50. Unha relación pasional ,un amor imposible…

Holy Motors, do francés Leo Carax, o 4 de abril. Conta a historia dun ser con múltiples caras, asasino, mendigo, executivo, monstro, pai de familia….O protagonista ten una identidade completamente distinta en cada una destas vidas. Os críticos falan de película extraña, maravillosa, demente, sorprendente…

Bonsai, o 2 de maio,  a segunda película do chileno Cristian Jimenez. Unha dobre historia de libros e de amor, de amor aos libros e de amor entre os protagonistas .A literatura e a realidade entrecruzadas.

Pecha o ciclo o 6 de xuño, a francesa  Dans la maison (Na casa) dirixida por François Ozon. Un xogo entre ficción e realidade. A historia sobre una familia escríbea un alumno a petición do seu profesor. ¿Ata onde é real a historia?

O cineclub Poleiro conta co apoio da Federación de cineclubs de Galicia e o Concello de Tomiño. 

O cineclub Poleiro mantivo a actividade no cine Avenida da Guarda entre 1998 e 2005 ata que pechou a última sala de cine do Baixo Miño. No 2008  retomou os ciclos no Auditorio de Goián.  As sesión son ás 21:30 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario