ACTO DE ENTREGA DA TARXETA DE IDENTIFICACIÓN DAS
COOOPERATIVAS ESCOLARES CONSTITUIDAS NA COMARCA DO BAIXO MIÑO DENTRO DO PROXECTO
“EMPRENDER NA MIÑA ESCOLA - EME COOPERANOVA”
Co obxectivo de difundir a cultura emprendedora entre o alumnado de
primaria dos centros educativos da provincia, a Deputación Provincial, puxo de novo en marcha, no curso académico
2012-2013, o proxecto educativo “Emprender
na miña escola EME – COOPERANOVA”,
que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria da Xunta de Galicia.
“Emprender na miña Escola
– EME Cooperanova” é un
proxecto educativo dirixido o alumnado de Educación Primaria da provincia de
Pontevedra, que consiste na creación e xestión dunha cooperativa escolar que
mediante os principios de traballo en equipo, elaboren e comercien produtos nun
mercado local.
O obxectivo deste proxecto é desenvolver hábitos e comportamentos
emprendedores entre o alumnado, facilitando a súa integración social de xeito
mais eficaz e satisfactoria á vez que se favorece o desenvolvemento de
competencia básicas tales como:
-
Competencia en comunicación lingüística
-
Competencia matemática
-
Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico
-
Tratamento da información e competencia dixital
-
Competencia social e cidadá
-
Competencia cultural é artística
-
Competencia para aprender a aprender
-
Autonomía e iniciativa persoal
No curso 2012 e 2013 ampliouse o abano de centros a tódalas comarcas da
provincia co fin de achegar ó mesmo ó maior número de beneficiarios posible.
Os centro participantes na comarca do Baixo Miño e as cooperativas creadas
foron as seguintes:
|
COLEXIO
|
CONCELLO
|
NOMES DAS COOPERATIVAS
|
COOPERATIVAS
|
|
CEIP PLURILINGÜE Nª
1 TUI
|
Tui
|
MANITAS MONSTERS
|
6º (24 alumnos)
|
|
CEIP PLURILINGÜE AS
SOLANAS
|
A Guarda
|
SOLATERA
PORTIÑO
|
4º e 5º (36 alumnos)
|
O alumnado participante foi quen de reunirse e celebrar a asemblea
constituinte onde se elixiron democraticamente os postos da xunta directiva,
(presidente/a, secretario/a e tesoreiro/a), ademais, tamén organizáronse os
demais membros por distintos departamentos (mercadotecnia, calidade do produto,
imaxe da cooperativa, relacións públicas… etc), tal e como estaba previsto no
cronograma do proxecto.
Os seus membros aportaron o capital inicial e incorporaron nos seus
estatutos a cláusula de responsabilidade
social onde indican, que parte dos seu beneficios iran destinados a unha
organización con fins sociais.
Despois de traballar arreo nestes aspectos e unha vez rexistrados os
estatutos na Deputación de Pontevedra, procédese á celebrar o acto de entrega
das Tarxetas de Inscrición como Cooperativas Escolares.
Acto do día 6 de febreiro de 2013
Tui: 11:15 horas
Colexio Ceip Plurilingüe nº 1
(Cooperativa Manitas Monsters)
-
Asiste:
o
Representante
do Concello de Tui
o
Pablo Baquero
Alvarez(Diputado Provincial)
o
Miguel
Panette (Técnico Deputación Provincial)
A Guarda: 12:30 horas
Colexio Ceip Plurilingúe As Solanas
(Cooperativa Portiño e Cooperativa Solaterra)
-
Asiste:
o
Fanny
Iglesias
o
Pablo Baquero
Alvarez(Diputado Provincial)
o
Miguel
Panette (Técnico Deputación Provincial)
CRONOGRAMA DO ACTO:
A)
Recepción da representación política da Deputación no centro de estudios.
B)
Visita á cooperativa creada no proxecto Eme Cooperanova.
C)
Breve presentación da cooperativa por parte do equipo directivo da mesma
D)
Entrega polas autoridades asistentes dos CIF correspondentes
Para facer un seguimento
pormenorizado do proxecto “Emprender na miña escola - EME COOPERANOVA pódese consultar a
páxina da Deputación ou no enlace correspondente.

Ningún comentario:
Publicar un comentario