ESTE DOMINGO, XUNTANZA DE RANCHOS DE REISES EN BURGUEIRA
- Unha fermosa tradición que en Burgueira nunca chegou a perderse
Informa: Berta Castro González
O domingo día 6 de xaneiro, a partir das doce e cuarto do mediodía, no adro da igrexa de Burgueira haberá unha xuntanza de ranchos de Reises. Estes ranchos están formados polos veciños de Burgueira nos que participan persoas de diferentes sexos e idades, cantan e tocan diferentes instrumentos interpretando melodías tradicionais así como panxoliñas e por suposto cantos de Reises. Ven sendo ésta unha tradición de moitos anos atrás que aquí en Burgueira nunca chegou a desaparecer.
Felices Reises.
Ningún comentario:
Publicar un comentario