18 de dec. de 2012

O ROSAL

O PORTAVOZ NACIONAL DO BNG DI QUE “NINGUÉN NUN GOBERNO QUE PERMITE O ROUBO DAS PREFERENTES DEBERÍA DURMIR TRANQUILO”

Guillerme Vázquez  visita aos afectados pechados no concello do Rosal e denuncia que “se hai vítimas do terrorismo, estas persoa son vítimas do terrorismo bancario e da complicidade dos gobernos”





Infogauda / O Rosal

O portavoz nacional, Guillerme Vázquez, acompañado por responsábeis do BNG, entre eles  a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, visitou hoxe as persoas estafadas polas preferentes que dende hai días manteñen un peche na casa do concello do Rosal.

Guillerme transmitiulles o “total apoio do BNG á súa xusta demanda de recuperar íntegramente os seus aforros, sen quitas”.

En declaracións aos medios, afirmou que “se hai vítimas do terrorismo, estas persoas son vítimas do terrorismo bancario e da complicidade dos gobernos”. Denunciou que “é inmoral que un goberno permita que se lle roube o aforro de toda a vida a persoas humildes e traballadoras”.

E é que para o portavoz nacional do BNG “se hai miles de millóns de euros para a banca, ten que haber devolución íntegra dos cartos a estes estafados”.

Neste sentido, Guillerme dixo que “non sei se ninguén nun goberno que permite o roubo do aforro de xente traballadora e humilde pode durmir tranquilo”.

“Polo tanto -concluíu- , máis unha vez, o BNG esixe unha solución que só pode pasar pola devolución íntegra dos aforros destas persoas”. 

O ROSAL


EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "BOLBORETAS", DE LAURA LAGO 


O próximo xoves día 20 de decembro, ás 19.30h, terá lugar na Casa da Agraria do Rosal, a inauguración 

No acto estará presente a fotógrafa, coa que realizaremos un percorrido pola exposición e nos explicará as principais características da vida das bolboretas.



Colectivo Carballas / O Rosal

Reseña de Laura Lago



Laura Lago Fernández naceu en Noia hai 39 anos. Estudou Filoloxía hispánica e Filoloxía galego-portuguesa en Santiago e pronto comezou a traballar no ensino público como profesora de Lingua castelá. O traballo tróuxoa ao Baixo Miño, onde reside dende hai uns anos.

A afección á fotografía xurdiu de maneira casual e tardía, hai cousa de seis ou sete anos, e asociada dende o comezo aos bechos. Xa coa súa primeira cámara compacta, descubriu a función macro como ferramenta para revelar todo un mundo de pequenos seres que, estando ao noso redor, pasan case sempre desapercibidos. Foi esa fascinación polo pequeno o que a levou a comprar, non moito despois, a súa primeira cámara réflex e o obxectivo macro co que actualmente segue a facer as súas fotos. Declárase totalmente autodidacta, xa que, segundo afirma, é “demasiado indisciplinada para aprender doutro xeito que non sexa ensaio-erro”.

O seu interese xeral polos insectos foise centrando especificamente nas bolboretas a medida que foi coñecendo algúns proxectos nos que podía participar aportando fotos e datos. Actualmente colabora no proxecto Bolboretas do Baixo Miño, dirixido polo entomólogo Suso Requejo, co que a asociación naturalista ANABAM pretende censar todas as bolboretas diúrnas da comarca. Colabora tamén co LEPI-ATLAS, un atlas de distribución das especies galegas no que dende hai uns anos traballan o propio Suso Requejo e o tamén entomólogo e excepcional fotógrafo Rafael Estévez.

Á parte dalgunha mostra informal nos institutos nos que ten traballado nos últimos anos, non tiña feito ata agora ningunha exposición. Publica as súas imaxes nalgunhas webs fotográficas; concretamente en Flickr, onde é unha das administradoras do grupo "Bolboretas Galegas", e en "Mirada Natural".

Recentemente algunhas das súas fotos veñen de ser incluídas no libro "Mariposas por la vida", unha guía visual de todas as especies diúrnas ibéricas elaborada con fotos cedidas desinteresadamente por máis de cen autores. O libro é unha homenaxe a Gabino Martín Toral, un compañeiro do mundo das bolboretas que faleceu o pasado ano de ELA (esclerose lateral amiotrófica). Todos os beneficios obtidos co libro irán destinados á Fundación Miquel Valls, que axuda a enfermos desta doenza.

OS VOSOS VÍDEOS

Porriño grita por las preferentes
        GrupoVIARTV
Los afectados siguen con su calendario de movilizaciones. En Porriño... esta mañana han protestado en la puerta con bocinas y megáfonos.

ECONOMÍA

EL FRAUDE DE LAS PARTICIPACIONES PREFERENTES 
Víctimas del 11-M denuncian que Bankia invirtió sus indemnizaciones en preferentes
 Las cantidades de la indemnización embargadas van desde los 20.000 euros a los 130.000, según el caso, invertidas entre los años 2004 y 2009

Perdieron a sus familiares o sufrieron daños en las explosiones de los trenes. Una vez les ingresaron el dinero, en las sucursales les dijeron que se trataba de un producto seguro del que no tendrían que preocuparse. Ahora, como los más de 500.000 afectados en todo el país, no pueden recuperarlo.- (CADENA SER)

Son victimas que perdieron a sus familiares, hijos o sobrinos en muchos casos, o sufrieron las secuelas y los daños de los atentados. Hablamos de distintas sucursales de la zona de Atocha, Santa Eugenia y El Pozo (precisamente en las inmediaciones de las estaciones de Cercanías donde explotaron las bombas) y donde las víctimas dicen haber sido clientes de toda la vida.

ECONOMÍA

Afectados por las preferentes de Novagalicia Banco recuperarán el 60% de sus ahorros

Según anunció este martes el ministro de Economía, Luis de Guindos, losafectados por las participaciones preferentes de entidades como Novagalicia Banco, Bankia y Catalunya Bank recuperarán el 60% de sus ahorros y que, hasta ahora, están atrapados.

GALICIA


MONTSE PRADO DENUNCIA A “POLÍTICA CRIMINAL” DO PP EN MATERIA DE SALVAMENTO E EXIXE A FEIJÓO QUE COMPAREZA NO PARLAMENTO

A voceira de Pesca do BNG pide tamén unha Comisión de Investigación sobre o accidente no que morreu a percebeira de Oia, que se faga extensiva ás consecuencias que está a ter a política do PP en seguranza marítima


Infogauda / Santiago de Compostela

 A voceira de Pesca do G.P. do BNG, Montse Prado, denunciou hoxe a “política criminal” do PP en materia de salvamento marítimo, que acaba de costarlle a vida á percebeira de Oia nun accidente “que nestes momentos ninguén na cidadanía galega ten dúbida xa de que se podería ter evitado”.

Ante esta realidade, Montse Prado reclamou en rolda de prensa a comparecencia urxente de Feijóo e a creazón dunha comisión de investigación que non só analice as circunstancias do sinistro senón tamén as consecuencias  das medidas adoptadas polo PP en materia de salvamento, como a privatizacións dos helicópteros ou a eliminación do seguro colectivo de accidentes.

A deputada nacionalista asegurou que Feijóo ten que explicar aos galegos e galegas se dá por bo que a morte dunha persoa pode ser considerada “dano colateral na súa política de favorecer o negocio das empresas frente aos intereses dun colectivo que vive nunha situación de grave desamparo”.

Medidas contra a empresa

Para a parlamentar, non é de recibo que sen coñecer aínda o resultado da investigación que teoricamente vai abrir a Xunta, xa dea por suposto que non se vai tomar ningunha medida contra a empresa nin se vai restrinxir o contrato con ela.


Prado preguntouse se esta vai ser a actitude de Feijóo ao longo da lexislatura, dar por boas actuacións como a da conselleira, “que está a actuar máis como delegada da empresa que como membro dun goberno que ten como primeira obriga defender os intereses dos cidadáns, nomeadamente das xentes do mar”.

“Dende o BNG –engadiu- seguimos pedindo a dimisión de Rosa Quintana porque hai que asumir responsabilidades e exixir un servizo de salvamento dotado de recursos, materiais e humanos, pois nun País como Galiza, onde o mar non é un hobby senón unha actividade económica da que dependen milleiros de persoas, garantir ese servizo é unha obriga”.

Denuncias anteriores

A voceira de pesca nacionalista cuestionou como é posíbel que pagando máis se estea dando peor servizo e advertiu á Xunta que non se pode falar dunha cuestión de “forza maior” –sobre a resolución transitoria do contrato dos helicópteros- cando hai xa varios meses que se están producindo denuncias por problemas no seu funcionamento.

“O que nos preguntamos e se pregunta a maioría da sociedade –continuou- é como unha resolución transitoria da Consellería pode eximir á empresa Enaer de cumprir o contrato que ten asignado, pode permitirlle incumprir os tempos de resposta e non facer gardas presenciais”.

Montse Prado concluiu insistindo en que decisións como esta “resolución transitoria” teñen tráxicas consecuencias, por iso é necesaria a comparecencia de Feijóo, a dimisión de Rosa Quintana e a comisión de investigación, tanto sobre o accidente como sobre a política se salvamento en xeral.

Taxas e seguro colectivo

Neste sentido, puxo como exemplo que a familia da percebeira non vai ter dereito a ser indemnizada froito da decisión do PP de anular o seguro colectivo de accidentes e se tivera a fortuna de ter sido rescatada é problable que tivera que desembolsar unha boa cantidade de cartos se Salvamento considerara que estaba nunha actividade de “risco”, debido á politica de taxas imposta por Feijóo na pasada lexislatura.

“A morte dunha persoa non pode ser en van, nin as anteriores tampouco, a Xunta ten a obriga de rectificar a súas políticas”.   

SOCIEDADE

Que la tragedia del Madrid Arena no se vuelva a repetir
Petición creada por
 Isabel De la Fuente 
Madrid, España

Mi hija Cristina murió en la fiesta de Halloween del Madrid Arena. ¿Cómo es posible que la empresa que organizó la fiesta en la que murió mi hija vaya a organizar otra fiesta en Fin de Año?

OS VOSOS VÍDEOS

Homenaje a los y las militantes
         Izquierda Unida
Vídeo de homenaje a los y las militantes de IU proyectado en la X Asamblea Federal de IU celebrada en Madrid el 14, 15 y 16 de diciembre de 2012

VALENÇA

Valença Cidade Presépio
Mostra reúne 569 Presépios

569 Presépios, em montras comerciais e praças, no Núcleo Museológico e Loja de Turismo e um presépio vivo tornam Valença a Cidade Presépio até 12 de Janeiro.


                                


Vitor Salvador / Valença
         O Presépio Vivo decorrerá domingo 23 de dezembro, entre as 15h00 e as 16h30, com a participação de 20 figurantes na Capela Militar de Nossa Senhora do Carmo, na Fortaleza. O nascimento, a chegada dos reis magos e as oferendas ao menino serão recriadas pelo Grupo “Os Camponeses Minhotos”, com acompanhamento musical.
         A mostra coletiva de presépios tem o Núcleo Museológico por polo central com 150 presépios, a Loja de Turismo com 45 presépios, as praças e ruas da Fortaleza com 24 presépios das coletividades e instituições valencianas e 300 estabelecimentos comerciais, no interior e exterior da Fortaleza, apresetam 350 presépios, num total de 569 trabalhos. A madeira, o barro, o papel, o pano, o musgo e os mais diversos materiais reciclados deram forma a presépios com as mais singulares expressões artísticas.
         Durante um mês Valença está a viver a magia do Natal. Para além da mostra coletiva de presépios já  decorreu a Quinta do Pai Natal, os Concertos de Natal e para 3, 4, 5 e 6 de janeiro está programada a Fortaleza de Chocolate e para 5 de Janeiro a monumental Cavalgata de Reis da Eurocidade, entre Valença e Tui.
         Esta é uma oportunidade única para visitar Valença, sentir a magia do Natal, apreciar o ambiente especial, proporcionado pela animação natalícia que pretende ser uma marca na promoção do comércio tradicional, da hotelaria e da cultura valenciana.
         A iniciativa é da Câmara Municipal e envolve o comércio, as coletividades, as escolas e a população de um modo geral.
         Jorge Salgueiro Mendes, “Esta é uma exposição única e singular e um convite irresistível a visitar Valença, fazer compras no comércio tradicional, saborear a gastronomia e desfrutar da snossas unidades hoteleiras”.

SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONVERXENCIA GALEGA CELEBROU Á REUNIÓN ANUAL DO SEU CONSELLO POLÍTICO
Ana Santiago Fernández (Narón), Xosé María Martínez Rodríguez (A Guarda) e Julio Areal Alonso (O Rosal ) entran a formar parte dese órgao de dirección de CG



Beatriz Estévez Álvarez / Santiago de Compostela


O pasado día 15 de decembro de 2012 Converxencia Galega celebrou en Santiago, a reunión anual do seu Consello Político, que é o máximo órgano entre Congresos.
Neste acto acordáronse  os nomeamentos dos novos membros do Consello, entrando a formar parte deste Ana Santiago Fernández (Narón), Xosé María Martínez Rodríguez (A Guarda) e Julio Areal Alonso (O Rosal ).



Tamén foron designadas María Rodríguez Porto como Secretaria de Organización e Davinia Pazos Calderón como Secretaria de Comunicación.
Así mesmo, o Consello Político de Converxencia Galega debateu sobre problemas que nos preocupan a tódolos cidadáns como son as participacións preferentes, as taxas xudiciais, a agricultura, a pesca, os desafiuzamentos, o copago sanitario e o paro, entre outros.
Deixouse moi claro, que a acción política debe estar na rúa, e para elo, hai que facer política o lado dos veciños, desenrrolando actividades de influencia municipalista, e extendendo o proxecto de Converxencia Galega por todo o País.
Dita Convención, rematou coa intervención da Concelleira de  Converxencia Galega en Narón, María Rodríguez Porto e do Secretario Xeral desta formación política, Xan García.
A esta cita acudiron membros e simpatizantes de Converxencia Galega procedentes de toda Galicia.

VAL MIÑOR


Posted: 17 Dec 2012 04:53 PM PST
 gondo-do-minor
Oito localidades en Portugal e tres en Galicia levan por nome Gondomar. A vila e o concello miñorano que leva este topónimo derivado da antiga forma xermánica "Gundemari", ten unha historia, un patrimonio cultural, así como unha paisaxe xeográfica e humana que a fan única agás esta similitude toponímica. Un botón como mostra: "Gondomar amósasenos, amablemente, a xeito dun gran teatro cuxa parte máis elevada se chama, como era de esperar, Galiñeiro", sinala o mestre Miguel A. Mouriño no inicio duns dos limiares do libro retallos de GONDOMAR DO MIÑOR,  presentado o pasado sábado 15 de decembro de 2012, no Auditorio Municipal Lois Tobío.

 
Posted: 17 Dec 2012 05:07 PM PST
jenny-fernandez
-O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, recibe á atleta da Sociedade Atlética Val Miñor, Jenny Fernández Massó.

-Os éxitos cultivados no ámbito nacional esta tempada levaron á Federación Española de Atletismo a convocar á atleta nigranense para os europeos de campo a través do pasado 8 de decembro en Budapest.
-A atleta local obtivo un 75 posto na categoría junior, a terceira clasificada do equipo español, que finalizou o europeo na praza número 12 por países.
 
Posted: 17 Dec 2012 03:01 AM PST
emily ramon
-Ramón Blanco, presentou o seu recente libro Emily on the road, na Libraría Libraida (Rosalía de Castro, 13, Gondomar).

.