CONVERXENCIA GALEGA CELEBROU Á REUNIÓN ANUAL DO SEU CONSELLO POLÍTICO
Ana Santiago Fernández (Narón), Xosé María Martínez Rodríguez (A Guarda) e Julio Areal Alonso (O Rosal ) entran a formar parte dese órgao de dirección de CG
Beatriz Estévez Álvarez / Santiago de Compostela
O pasado día 15 de decembro de 2012
Converxencia Galega celebrou en Santiago, a reunión anual
do seu Consello Político, que é o máximo órgano entre Congresos.
Neste acto acordáronse os nomeamentos dos novos membros do Consello,
entrando a formar parte deste Ana Santiago Fernández (Narón), Xosé María
Martínez Rodríguez (A Guarda) e Julio Areal Alonso (O Rosal ).
Tamén foron designadas María Rodríguez Porto como Secretaria
de Organización e Davinia Pazos Calderón como Secretaria de Comunicación.
Así mesmo, o Consello Político de Converxencia Galega debateu
sobre problemas que nos preocupan a tódolos cidadáns como son as participacións
preferentes, as taxas xudiciais, a agricultura, a pesca, os desafiuzamentos, o
copago sanitario e o paro, entre outros.
Deixouse moi claro, que a acción política debe estar na rúa,
e para elo, hai que facer política o lado dos veciños, desenrrolando
actividades de influencia municipalista, e extendendo o proxecto de
Converxencia Galega por todo o País.
Dita Convención, rematou coa intervención da Concelleira
de Converxencia Galega en Narón, María
Rodríguez Porto e do Secretario Xeral desta formación política, Xan García.
A esta cita acudiron membros e simpatizantes de Converxencia
Galega procedentes de toda Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario