- ANOVA Val Miñor lanza campaña de Nadal en apoio ao comercio local.
- Augas de Galicia abre un expediente ao concello de Nigrán polos verquidos na Foz do Miñor
- Dos nomes dos animais.
- Agreden con arma branca ao director da oficina do Banco Santander en Baiona
Posted: 18 Dec 2012 03:23 PM PST
ANOVA do Val Miñor vén de iniciar unha campaña a prol de protexer o pequeno comercio e a produción local, solicitando da veciñanza "que pense ben o que compra e a quen llo compra". Nese senso, propón que as compras do Nadal, para as celebracións familiares ou os agasallos, sexan mercados en pequenas empresas e comercios tradicionais, aos autónomos e artesáns da comarca, ou a agricultores que venden a súa propia produción. Por outra banda e a maiores disto tamén piden na medida do posible, "páguese en metálico, evitando o beneficio de bancos e corporacións financeiras por seren os causantes da crise e porque debido ás abusivas comisións que cobran seguen a engordar a nosa conta".
|
Posted: 17 Dec 2012 02:00 PM PST
Augas de Galicia confirma que o líquido verde aparecido en Ramallosa, é un líquido trazador para identificar os puntos de verquido pero desminte que haxa ningunha colaboración ou programa de actuación en marcha co concello de Nigrán.
Alberto Valverde xustificaba fai dúas semanas e culpaba do verquido ao anterior goberno por unha mala execución das obras de humanización da Ramallosa no ano 2010 con cargo ao PlanE.
A xustificación dada polo alcalde de Nigrán queda en evidencia ante as fotografías realizadas por valminor.info no mesmo punto de verquido en xullo de 2007, tres anos antes das obras do PlanE.
|
Posted: 18 Dec 2012 10:26 AM PST
Lembro cando a Bob Dylan lle deu polo catolicismo. Todo o mundo pode ter un mal día, mais, ao vello bardo, a cousa duroulle aínda uns anos. Daquela, en 1979, nunha coñecida canción doSlow Train Coming, viña a dicir que Deus puxera nome a todos os animais. In the beggining.Si, iso foi no comezo do mundo, cando Deus aínda non tiña competencia. Mais agora, coa historia un pouco máis adiantada, e os fabricantes de pensos escollendo os mellores nomes, o imaxinativo homo sapiens ten moitos problemas para bautizar ás súas mascotas.
|
Posted: 18 Dec 2012 09:40 AM PST
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario