O BNG presenta unha iniciativa no Parlamento Galego para mellorar a seguridade no río Miño
“A Xunta de Galiza ten que implicarse na seguridade dos pescadores no río Miño e no balizamento do ferry”, afirman as deputadas Carme Adán e Montse Prado
Infogauda / A Guarda
As deputadas do BNG, Carme Adán e Montse Prado, presentaron unha proposición non de lei instando ao Goberno galego a esixir do Estado a desenvolver as actuacións para solucionar a grave situación de inseguridade e perigosidade que existe no río Miño na altura dos concellos da Guarda e Caminha.
Para o BNG o grave accidente sufrido o 11 de novembro por un pescador no río Miño, pon de manifesto, unha vez máis, a inseguridade e perigosidade existente na navegación da desembocaudra do río Miño.
O motivo desta grave situación é o deficiente estado de balizamento que sinalan a canle do transbordador Caminha-A Guarda, situación denunciada polo BNG noutras ocacións posto que non é a primeira vez que ocorre un desgraciado accidente. Algo que recoñece a propia comandancia Naval do Miño en resposta a un requerimento do grupo municipal do BNG na Guarda.
Liquidación do ferry A Guarda-Caminha
O BNG, diante total despreocupación das distintas administracións públicas, sospeita que existe unha estratexia encamiñada á liquidación do transbordador que une á Guarda con Caminha.
“Ir degradando o servizo até facelo totalmente ruinoso é o camiño que parecen ter elixido para rematar co ferry. Incluso, a costa da seguridade dos pescadores do río Miño. Esperemos non ter que lamentar unha desgraza maior pola irresponsabilidade dalgúns”, advertiu Xan Lois Lomba Alonso, portavoz municipal do BNG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario