11 de dec. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 10 Dec 2012 03:41 AM PST
A tabarena_dogalo
Os versos de Deitado fronte ao mar (Longa noite de Pedra) de Celso Emilio Ferreiro poderanse escoitar este mércores por toda Galicia. A proposta "Recitando a Celso Emilio, o 12 do 12 ás 12" lanzada pola Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística quere deste xeito homenaxear ao escritor cunha lectura simultánea deste poema nas aulas dos centros de ensino. No Val Miñor, o ENDL Chafarís (Escolas Proval), informa que está a preparar o recitado simultáneo con grupos de lectores dos distintos graos, que espallados por todo o instituto alzarán os versos do autor celanovés este mércores 12 de decembro ás 12 h.

 
Posted: 10 Dec 2012 02:30 AM PST

DSC01593
O vindeiro xoves 13 de decembro terá lugar o segundo obradoiro de Patchwork de Nadal que organiza a Concellería de Cultura e Xuventude do Concello de Baiona. A mesma terá lugar no Centro Multiusos Ángel Bedriñana, 2º andar, na aula número 2, no horario de 10:30 a 12:30 horas. O curso é gratuíto e os materias necesarios para o seu aproveitamento son entregados de balde pola organización. As prazas son limitadas polo que os interesados deben inscribirse na Concellaría de Cultura e Xuventude ou a través do teléfono 986385925.

 
Posted: 10 Dec 2012 01:31 AM PST
porto grupo_2
Incorpóranse tres novos centros de ensino ao proxecto de Espazo Lectura como socios protectores: trátase do IES Auga da Laxe, do IES Terra de Turonio e do IES Escolas ProVal. Estes institutos de Educación Secundaria únense aos colexios da comarca que xa son socios protectores de Espazo Lectura e que colaboran coa asociación facéndolles chegar ás familias do seu alumnado a información mensual das actividades para convidalas a participar.

 
Posted: 10 Dec 2012 01:16 AM PST
ngb desaloxo
Un operativo da Garda Civil desaloxou ás 9 da mañá ao grupo de clientes de NovaGalicia Banco que ocupaban o caixeiro da sucursal Gondomar. O operativo tivo lugar sen incidentes xa que os aforristas decidiron saír sen opoñer resistencia, tras 8 días de ocupación permanente en reclamo da devolución dos seus aforros retidos a través de participacións preferentes e débedas subordinadas. Valminor. Info, único medio presente nese momento, puido observar un trato respectuoso entre os dous axentes que levaron adiante a orde xudicial de desaloxo e os veciños que ocupaban. No momento de redactar este artigo, o caixeiro volve a ser ocupado por outro grupo de afectados.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario