16 de dec. de 2012

GALICIA

Clamor multitudinario en Lugo contra a estafa das preferentes


                                    Un intre da manifestación en Lugo
                                                 CC BY-NC-SA BNG

Aseguraron que manterían a súa loita na rúa e estano a cumprir. Máis de 3.000 persoas afectadas polas participacións preferentes e as subordinadas das antigas caixas de aforros galegas volveron saír á rúa, desta volta en Lugo e cadrando con protestas semellante en todo o Estado, para denunciar a "estafa" á que as someteu a actual Novagalicia Banco e para esixir a devolución dos seus aforros, reclamacións que veñen realizando dende hai moitos meses e á que agora se engade unha máis: que o Goberno central non aplique a quita pactada coas autoridades europeas no marco do rescate bancario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario