14 de dec. de 2012

GALICIA

A Xunta "investigará" se a empresa que xestiona o salvamento marítimo cumpre o contrato


                                Helicóptero de Gardacostas de Galicia, operado por Inaer
                                          © Inaer


Dende o pasado 9 de novembro a empresa privada Inaer ten encomendadas as tarefas do salvamento marítimo mediante helicópteros que depende da Xunta. Faino en virtude dun contrato de 30,8 millóns de euros e cinco anos de duración segundo o cal a compañía adxudicataria se ocupa non só das aeronaves, senón tamén da dotación de persoal deste delicado servizo. Apenas un mes despois da formalización deste contrato, o pasado mércores, unha mariscadora falecía en Oia mentres desenvolvía o seu traballo e a propia Consellería do Mar admitía que o helicóptero Pesca I, con base en Vigo, tardou trinta minutos en despegar para acudir ao rescate. Agora o presidente, Alberto Núñez Feijóo, sinala que a Xunta "investigará" se a empresa cumpre co contratado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario