20 de dec. de 2012

ECONOMÍA

 O BNG pide a Guindos que NCG sexa un banco público e que se manteña a obra social
TELEBNG

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, trasladou ao Ministro de Economía "a preocupación do BNG e da sociedade galega pola situación de Novagalicia banco (NCG) e Novacaixagalicia".

E lle demandou que se manteña como entidade independente porque "é posíbel", ou que se convirta "nunha entidade pública dado que se trata dun banco nacionalizado". A deputada do BNG instou ao Goberno a garantir a viabilidade independente de NCG banco ou, do contrario, "convírtana nunha entidade pública porque está nacionalizada".

Davila pediulle a De Guindos que aclare se "NCG banco se vai pór a subasta antes de xullo do ano próximo como se dixo desde o Banco de España." Nese sentido, lembrou que "non hai motivo para tanta urxencia xa que os plans da UE pola concesión do resgate financeiro establecían un plan a realizar en cinco anos ou como mínimo en dous anos".
Resposta do Ministro: "Non hai nada preestabelecido. Faga caso do FROB que se vai quedar co 100%. Imos confiar na equipa de xestión e temos por diante un periodo de cinco anos".


Ningún comentario:

Publicar un comentario