27 de dec. de 2012

DEPORTES

Tres xogadoras do Atlético Guardés infantil feminino participan coa Selección Galega no “I Torneo de Navidad” de Seleccións Autonómicas Infantil de Balonmán que se celebra esta fin de semana en Santander
Selección Galega Infantil de Balonmán Feminino
Elas son as tres xogadoras do Atl. Guardés Infantil que forman parte da Selección Galega Infantil de Balonmán, que participan no I Torneo de Navidad de Seleccións Autonómicas Infantiles de Balonmán

Informa: Manuel Ángel Pombal Diego


As xogadoras Sara Alonso Barbosa (O Rosal; lateral), Marta Pombal Martínez (Oia; lateral) e Lara Silva Pérez (A Guarda; pivote) do Atl. Guardés da división de honra infantil feminina foron seleccionadas para participar coa selección galega da súa categoría no “ITorneo de Navidad” de Seleccións Autonómicas Infantil de Balonmán, que se celebra do 28 ao 30 de Decembro na localidade cántabra de Santander. Unha vez suspendido, por mor da crise, o campionato de España infantil que este ano tiña que organizar a nosa Comunidade Autónoma, varias federacións autonómicas comezaron a buscar alternativas para os xogadores e xogadoras que levan varios meses adestrando pensando nesa cita. Desta forma, Galicia participará cos seus equipos masculino e feminino, xunto coas Comunidades de Navarra, Euskadi, Cantabria, e Castela-León, no torneo organizado pola Federación Cántabra de Balonmán. 

Como preparación para este torneo, as dúas seleccións participaron a pasada fin de semana no Torneo Internacional Base Azul, que se celebrou os días 21, 22 e 23 de decembro na cidade de Pontevedra. No torneo de Pontevedra participaron varios equipos galegos e portugueses, así como as seleccións galegas infantil masculina e feminina, e a cadete feminina, pero xogando estas nunha categoría superior, para así nivelar as forzas. No caso concreto da selección galega infantil feminina, esta enfrontouse aos equipos cadetes da S.D. Teucro de Pontevedra, Lavadores de Vigo e Maia Stars de Portugal.
En Santander xogarán un total de catro partidos, un o venres pola tarde, dous o sábado (un pola mañá e outro pola tarde), e outro o domingo pola mañá.
Acompáñase a convocatoria coa relación completa das 16 xogadoras seleccionadas, o corpo técnico, o plan de viaxe e o horario dos partidos, ademais dunha foto da selección completa tomada no pavillón Municipal de Pontevedra o pasado domingo e outra das tres xogadoras seleccionadas do Atl. Guardés.
Agardemos, pois, que as dúas seleccións fagan un bo papel en Cantabria, tendo como horizonte aprender todo o que se poida, pasalo ben e non mancarse, ao mesmo tempo que lle desexamos todo o mellor as nosas representantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario